Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

120 alumnos e alumnas coñecen a Patricia Lamelas, referente no activismo medio ambiental na República Dominicana

Patricia Lamelas

120 alumnos e alumnas coñecen a Patricia Lamelas, referente no activismo medio ambiental na República Dominicana

IES Primeiro de Marzo CPI do Toural

Onte, os 120 alumnos e alumnas do CPI do Toural de Vilaboa e do o IES Primeiro de Marzo de Baiona, que participan este ano en Activistas polo mundo que queremos tiveron a oportunidade de viaxar virtualmente ata Samaná, un dos paraísos naturais que se encontran na República Dominicana.


Fixérono na 3º sesión do proxecto, que consiste en achegar e coñecer mellor a activistas que traballan noutros países. Todo un reto loxístico nesta era da comunicación virtual que se desenvolveu, nesta ocasión, a perfección, e nos permitiu tender unha ponte dende Pontevedra ata o Caribe.


A  nosa primeira convidada foi Patricia Lamelas, una activista medioambientalista cunha longa traxectoria de loita pola sustentabilidade no seu país. Actualmente é a directora do CEBSE (Centro para la Conservación y Ecodesarrollo de la Bahía Sanamá y su Entorno)  unha asociación sen ánimo de lucro que executa actividades de conservación e aproveitamento sostible dos recursos naturais.


Sesion 3 con Patricia LamelasPatricia contounos como entre as diversas actividades que realizan no CEBSE destaca a protección dos manglares, o monitoreo das baleas xorobadas ( moitas veces realizado co apoio de voluntarios e voluntarias dende os 12 ou 13 anos) e tamén a  restauración de corais, sempre implicando e buscando o beneficio das comunidades locais que viven nesta área protexida.


Falounos de como a COVID nestes momentos está reducindo considerablemente o número de visitantes nun país tan turístico como a República Dominicana “Coa COVID observamos como os ecosistemas están respirando un pouquiño, aquí temos a metade das embarcacións vendo baleas e isto é bo para elas”.


Alumna  do CPI Toural facendo preguntasExplicounos como na súa organización teñen a un bo grupo de persoas mozas implicadas no coidado medioambiental, e alentou á rapazada galega a mirar con optimismo o cambio, xa que esta é unha das pedras angulares do activismo, pensar que as cousas se deben, e poden,  ser cambiadas.


Tamén respondeu as moitas preguntas que os nosos activistas tiñan preparadas para ela: Por que te fixeches activista? Quen che inspirou? Como facedes para conservar as praias? Ante as dificultades, que vos inspira a seguir adiante? Cal é o proxecto que máis impacto tivo dos que levades realizado?...Un adianto, sen dúbida, do que serán a seguintes sesións do proxecto onde os e as activistas de O mundo Que Queremos converteranse en xornalistas radiofónicos para realizar os seus programas de radio de combate…pero isto xa será outra historia!

 

Últimas novas