Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

2º Edición

O alumnado e o profesorado de nove centros educativos galegos foron os e as protagonistas da segunda edición de ‘Cooperación Galega: O Mundo que queremos’.

Aquí tedes un resumo dos traballos radiofónicos e fotográficos elaborados ao final do proxecto.

 

 

 

 

Os centros participantes na II edición de O Mundo que Queremos foron:

 

CPI Castro Baxoi (Miño)

O CPI Castro Baxoi conta con experiencia previa de traballo puntual con outras entidades, a través de charlas, como as impartidas por Ecos do Sur sobre migración, ou de accións de recollida de fondos para diversos fins sociais (nenas e nenos ex-soldado da RD Congo ou o banco de alimentos de Miño). Como trazo distintivo desta comunidade educativa está a diversidade nas características sociais das alumnas e alumnos, xa que á riqueza das múltiples nacionalidades engádeselle a adscrición das persoas que puntualmente residen no Centro Fogar María Inmaculada de Bañobre, centro concertado de menores en situación de protección.

http://www.edu.xunta.es/centros/cpicastrobaxoi/

Blog

Podcast obradoiro radio

Traballo obradoiro fotografía

 

CPI Viaño Pequeno (Trazo)

O CPI de Viaño Pequeno caracterízase por contar cunha poboación estable, tanto do alumnado como do profesorado, e implicado no desenvolvemento de accións solidarias. Da man das ONGD achéganse ao centro escolar as realidades sociais, culturas e diversidades contextuais, xerando o vínculo tan necesario entre o mundo escolar e a sociedade. Este centro persegue traballar sobre os estereotipos, prexuízos e barreiras das que as sociedades e as persoas que as conforman adoecen.

http://www.edu.xunta.es/centros/cpivianopequeno/

Blog

Traballo obradoiro fotografía

 

IES Félix Muriel (Rianxo)

Os participantes nesta segunda edición foron os alumnos e alumnas de cuarto da ESO e do ciclo de grao medio de ‘Atención á Dependencia’.

https://www.edu.xunta.es/centros/iesfelixmuriel/

Podcast obradoiro radio

Traballo obradoiro fotografía

 

IES A Cachada (Boiro)

O IES A Cachada ten experiencia con entidades do sector como son Manos Unidas, Entreculturas, Cáritas e Save the Children. A potencialidade que reside nestas experiencias é o poder converter ao alumnado en suxeitos concienciados e sensibilizadores, pola capacidade de contaxio e incidencia que teñen no seo tanto dos seus grupos de iguais, da familia así como da sociedade en xeral.

http://www.edu.xunta.es/centros/iesacachada/

Blog

Podcast obradoiro radio

Traballo obradoiro fotografía

 

IES Moncho Valcarce (As Pontes)

Este centro conta con experiencia previa na realización de accións puntuais como é a recollida de roupa para Global Humanitaria, a recollida de alimentos organizada desde o concello ou axudas de outra natureza para o pobo saharauí derivado do vínculo existente con este pobo, xa que rapazas e rapaces deste lugar veñen a pasa o verán con familias locais a través do programa Verán en Paz que promove a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.

http://www.edu.xunta.es/centros/iesmonchovalcarce/

Blog

Podcast obradoiro radio

Traballo obradoiro fotografía

 

CPI Castroverde (Castroverde-Lugo)

A experiencia previa coa que conta o CPI de Castroverde coas entidades sociais inclúe relatorios, conferencias, videoforums e Teatro da Oprimida, xeralmente organizados a través do departamento de orientación do centro.

http://www.edu.xunta.es/centros/cpicastroverde/

Blog

Traballo obradoiro fotografía

IES Alfoz Valadouro (Alfoz-Lugo)

No IES Alfoz-Valadouro realízanse accións puntuais solidarias, mais hai unha actividade que realizan todos os anos con Save the Children na que están particularmente involucradas e ilusionadas: as carreiras solidarias. O feito de organizar unha actividade que lles guste, coa que se senten identificadas e que teñen responsabilidades concretas que transcenden á propia carreira, como é a busca de entidades ou persoas patrocinadoras, fai que a súa participación sexa sensiblemente maior.

http://www.edu.xunta.es/centros/iesalfoz/

Blog

Podcast obradoiro radio

 

IES Carlos Casares (Viana do Bolo)

A través da experiencia A senda da convivencia o IES Carlos Casares ergueuse coma referente indiscutible da ED en Galicia. Este programa iniciado no curso 2001-2002 vertebra un traballo da solidariedade a tres niveis: a convivencia e o tratamento do conflito dentro do propio centro, a actividade de voluntariado no contorno máis inmediato (Viana do Bolo, Vilariño de Conso e a Veiga) e a aproximación á convivencia no mundo (a través do irmandamento coa Unidade Educativa Timoteo Rondales da localidade boliviana de Bermejo). Conta con experiencia previa cunha ampla variedade de ONGD nas que atopamos a maior parte das que conforman o consorcio que desenvolve o Plan Proxecta, de feito, este é o único centro educativo que repite experiencia no programa a cal valora como moi positiva.

http://www.edu.xunta.es/centros/iescarloscasaresviana/

Blog

Podcast obradoiro radio

 

IES Beade (Vigo)

O IES de Beade conta con experiencia previa de traballo coa entidade que lidera o consorcio do Plan Proxecta (Solidaridade Internacional) aínda que é a primeira vez que participan no programa. Tamén están a traballar con outras ONGD galegas en accións de xénero (Implicadas no Desenvolvemento) e comercio xusto (Intermón Oxfam).

http://www.edu.xunta.es/centros/iesbeade/

Blog

Podcast obradoiro radio

 

Visitas do Sur

Nesta segunda edición recibimos a visita de tres persoas de República Dominicana, O Salvador e Guinea Bissau vinculadas á cooperación para o desenvolvemento, e que utilizan nas súas organizacións o teatro e a radio como medio de sensibilización e denuncia.

Cristiana Francisca, de República Dominicana, é a presidenta de Mudha (Movimiento de Mujeres Domínico Haitianas). Esta organización,entre outras moitas accións, utiliza o teatro de rúa como medio para denunciar as inxustizas políticas, sociais, culturais e humanas ás que se ve sometida a poboación dominicana de ascendencia haitiana.

Rina Abrego, do Salvador, é técnica de Aprocsal, organización que loita polos dereitos das mulleres e polo dereito humano á saúde. Dende Aprocsal tamén utilizan o teatro como medio para sensibilizar sobre xénero, saúde sexual e reprodutiva e medio ambiente.

Braima Sambu, de Guinea Bissau, é o responsable de proxectos de Alternag, organización que xestionou ‘Radio Catió’, unha emisora comunitaria que na actualidade é autoxestionada polo Centro Social Multifuncional Xuvenil de Tombalí en colaboración con organizacións de base. Braima encárgase de coordinar ás entidades locais que dirixen a radio.