Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

3,2,1...Radio O Mundo Que Queremos 2020, no aireeeee!!!!

alumnado cuntis

3,2,1...Radio O Mundo Que Queremos 2020, no aireeeee!!!!

Pois aquí están xa rematados os traballos radiofónicos realizados polo alumnado da 7º edición de O Mundo que queremos. Estes son os centros participantes:

 

  • CPI Dr López Suárez de Saviñao, en Escairón
  • CPI Aurelio Marcelino Rey García en Cuntis
  • IES Laxeiro de Lalín
  • IES Melide

Para facer os seus podcast os mozos e mozas recibiron dous obradoiros de radio, onde coñeceron mellor os medios de comunicación (as súas boas, pero sobre todo as súas malas prácticas). Tamén aprenderon a usar os micros e a falar na radio. Despois tiveron que organizarse en grupos e aprender a facer unha reportaxe. Investigaron sobre temáticas tan variadas como o traballo infantil ou a loita xuvenil polo clima, entrevistaron a activistas medio ambientais, a persoas que traballan loitando contra o lume, a bodegueiros sostibles, a persoas maiores que nos contaron como era a súa contorna antes, a cantantes comprometidos, hasta algún alcalde!

Todo iso, mais as súas opinións e algún toque de humor o plasmaron no seus incribles podcast. Radio O mundo que queremos 2020 xa está aquí para o disfrute de todos nós.

Parabéns aos profes, aos centros educativos, a facilitadora de AGARESO, as monitoras de Solidariedade Internacional, pero sobre todo aos nosos grandes protas: os novos locutores e locutoras de Radio O Mundo Que Queremos.

Últimas novas