Aquí vos deixamos con gran ledicia unha mostra do estupendo traballo que fixeron os rapaces e rapazas dos centros educativos da quinta edición de O Mundo que Queremos ( 2017-2018): IES Fernándo Wirth e CPR Plurilingue Santa Margarita de A Coruña, o IES Brión, o IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa, o CPR Plurilingue María Inmaculada de Marín, e IES Fomiñá da Pastoriza, que este ano puxeron o seu graíño de area para coa fotografía ou a radio contribuír a construción dun mundo mellor; máis xusto, igualitario, limpo e saudable.
Como veredes este ano traballamos dous dos ODS ( Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles) máis amplos: o coidado do medio ambiente e a busca dun desenvolvemento sostible, por un lado, e a loita pola igualdade de xénero, por outro.
Neste vídeo atoparedes resumo das fotografías que fixeron:
https://www.youtube.com/watch?v=rVPjNGOb28w&t=11s
E na páxina do ivoox de O Mundo que queremos podedes acceder a tódolos programas de RADIO O MUNDO QUE QUEREMOS!!!
https://www.ivoox.com/podcast-o-mundo-que-queremos-2018_sq_f1576133_1.html
E neste enlace atoparedes un vídeo resumo do proxecto na sua 5º edición:
https://www.youtube.com/watch?v=FTtc0so9c7Q
Graciñas a todos e todas!!!