Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

6º Edición

De Camariñas a Redondela, mais de medio millar de estudantes convertéronse no 2019 en activistas por un mundo máis xusto e solidario

 

O ano 2019 foi unha gran aventura para os máis de 550 alumnos e alumnas galegas, que  participaron cos seus centros no proxecto ‘Cooperación Galega: O mundo que queremos’.

 

O obxectivo desta iniciativa un ano mais era  que o alumnado coñecese as problemáticas que afectan aos países empobrecidos, pero tamén ao seu propio entorno, a través de dinámicas innovadoras como xogos de rol, obradoiros de radio e vídeo, teatro, ou a visita ás súas escolas de persoas que traballan para mellorar as condicións de vida nos seus países co apoio da Cooperación Galega.

 

Nesta sexta edición, os centros educativos que se sumaron á aventura foron, o IES Plurilingüe Pedra da Aguia de Camariñas, o IES Sofía Casanova de Ferrol, o IES Campo San Alberto de Noia e o CPI Zas na provincia de A Coruña. A representación pontevedresa estivo a cargo dos centros IES A Chapela de Redondela, e o CPI A Cañiza e na provincia de Lugo participaron o CPI Luis Diaz Moreno de Baralla e o CPI Dr López Suarez en O Saviñao.

 

No mes de decembro do 2018 tivo lugar a primeira parada de O Mundo que Queremos. Dinámicas como os xogos de rol facilitaron o debate e a reflexión sobre temas como a desigualdade de xénero, o desenvolvemento sostible, ou a corresponsabilidade… A segunda e terceira parada chegaron nos meses de xaneiro e febreiro, cos obradoiros de radio e vídeo. No mes de marzo o alumnado reflexionou en torno os bulos dos medios de comunicación e as redes sociais grazas a obra teatral Bula-lo bulo.  En abril recibiron a visita de dúas persoas activistas LGTBI que traballan dende O Salvador para transformar a realidade. A través das súas experiencias vitais compartiron co alumnado como loitan contra a desigualdade dende as súas comunidades e intentaron desmontar moitos dos prexuízos que existen sobre os países empobrecidos e o colectivo LGTBI.A traca final foi a presentación de todo o traballo feito durante o ano nos diferentes concellos dos centros educativos no mes de maio. Estas presentacións tiveron o obxectivo de amplificar as mensaxes elaboradas polo alumnado e convidar ao resto da comunidade a coñecelas e tomar partido. Froito do traballo ben feito ademais este ano en Camariñas conseguiron polo seu acto final, un Premio Vicente Ferrer! que mellor forma de rematar a sexta edición de O Mundo que Queremos!!

 

ACTO FINAL CAMARIÑAS