ACTIVISTAS polo Mundo Que Queremos é un proxecto integrado na plataforma Plan Proxecta da Consellería de Educación e financiado por Cooperación Galega. Tres ONGDs, xuntan as súas forzas e recursos para levar aos institutos galegos as realidades do Sur e fomentar un alumnado mais critico, participatvo e corresponsable. Abórdase ao longo do curso a través de seis sesións: 2 presenciais ( se é posible) e 4 virtuais, nas que a través de metodoloxías innovadoras como a análise doutras realidades, videoconferencias con activistas doutros países, a radio como metodoloxía de comunicación transformadora e de denuncia, ou a contrapublicidade e o ciberactivismo apoiarán ao alumnado para construír activismos xuvenís que transcendan o centro educativo.