Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Aberto o plazo de inscripción para a terceira edición de Cooperación Galega: O mundo que queremos

Aberto o plazo de inscripción para a terceira edición de Cooperación Galega: O mundo que queremos

Gustaríache que o teu centro fose un dos participantes da nova edición de Cooperación Galega: O mundo que queremos?

Por terceiro ano consecutivo levaremos a cabo este proxecto que se enmarca dentro do paradigma da educación para o desenvolvemento como unha poderosa ferramenta para promover valores e actitudes comprometidos coa loita contra a pobreza e a desigualdade social.

Partindo da premisa “a comunicación e a capacidade de facer uso dela para sensibilizar e transformar”, o teatro, a radio, a fotografía, a música, pero sobre todo vós e o voso alumnado, seredes os protagonistas desta proposta innovadora.

O proxecto inclúe o acompañamento constante ao profesorado, cinco sesións de traballo na aula con educadoras cualificadas e un encontro final entre todos os centros participantes.

Nesta ligazón do Plan Proxecta atoparedes máis información sobre o noso proxecto e como formalizar a vosa inscrición.

Non deixedes pasar esta oportunidade!

Últimas novas