Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Acompañamento continuo e formación

ACTIVISTAS polo Mundo Que Queremos compleméntase cun acompañamento continuo durante todo o proxecto ao profesorado implicado e tamén cunha sesión presencial de formación que ten lugar ao comezo do proxecto entre os meses de outubro e novembro.

Nesta xornada faise un percorrido polo proxecto, pola plataforma moodle a utilizar, ademáis dun diagnóstico inicial da situación de partida de cada centro con respecto ao proxecto. 

Tamén analizaremos o contexto global de desigualdades e reflexionaremos sobre como observamos esta realidade. Afondaremos nos conceptos de interdependencia e corresponsabilidade, imprescindibles para traballar dende un enfoque de Educación para a Cidadanía Global.

Exporánse as posibilidades das ferramentas educomunicativas. Veremos como gracias a elas o alumnado pasa de ser un receptor pasivo dos medios de comunicación a un emisor de contido, coa posibilidade de xerar os seus propios discursos e acadar unha maior conciencia critica ante os medios de comunicación.

Revisaremos os contidos e o deseño das actividades que se levaran a cabo nas aulas ( virtual e presencial), e exporemos os recursos necesarios e as necesidades por parte do proxecto para que se desenvolva de xeito eficaz nos centros participantes.  

Formacion profesorado