Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Adolescentes de Coristanco convértense en locutores de radio para loitar contra as inxustizas

Alumnado de Coristanco

Adolescentes de Coristanco convértense en locutores de radio para loitar contra as inxustizas

 

Venres, 24 de marzo de 2023 . Case un centenar de mozos e mozas de 1º e 2º da ESO do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco gravarán o martes da semana que ven  varios programas de radio para loitar contra o machismo, os abusos ambientais ou o discurso de odio contra a migración e o colectivo LGTBIQ+. Esta actividade enmárcase no proxecto de educación en valores "Activistas polo mundo queremos" no que participan dende comezos de curso .

En obradoiros anteriores aprenderon o que significa ser unha persoa activista tanto na Galiza coma noutras partes do mundo. Tamén reflexionaron sobre como as ferramentas comunicativas como a radio, pódenlles axudar no seu activismo.   Agora os mozos e mozas, como se fosen auténticos xornalistas, tras investigar e facer os guións das súas reportaxes, locutarán e  gravarán en “falso directo” os seus propios programas de radio de denuncia e transformación social.

Así o alumnado coristanqués súmase aos case 600 adolescentes que dende Pontevedra, Oleiros ou Vigo participan este ano na 10º edición de "Activistas polo mundo queremos". Un proxecto de educación para a cidadanía global que xa chegou a máis de de 4300 mozos e mozas e 240 docentes de toda Galicia, e que é posible grazas a unión de tres ONGDs, Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) coa colaboración de Feitoría Verde e o financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia.

Activistas polo mundo queremos forma parte da plataforma de innovación educativa ‘Plan Proxecta’, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 

HORARIOS DAS  GRAVACIÓNS DOS PROGRAMAS RADIAIS:

ONDE? No CPI Alcalde Xosé Pichel (Rúa Traba, 88, San Roque, Coristanco)

CANDO? Martes, 28 de marzo: 8:45h -10.25h (2º A) e de 10:40h – 12:20h (2ºB)

 

 Para máis información:

María Caride (coordinadora do proxecto): 981 243 506 / 626 913 681

Rocío Cadahía (responsable comunicación): 605 31 60 39

Correo electrónico: omqq@agareso.org

Páxina web: http://omundoquequeremos.org/

 

 

 

Últimas novas