Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Alumnado de Ferrol loita contra a desigualdade cun programa de radio e varias curtometraxes

img

Alumnado de Ferrol loita contra a desigualdade cun programa de radio e varias curtometraxes

IES Sofía Casanova

Mañá martes 26 de febreiro de 8:30h a 12:10h os mozos e mozas da ESO do IES Sofia Casanova de Ferrol dedicarán parte da mañá a realizar un programa de radio na aula e a gravar varias curtometraxes,  para loitar contra a desigualdade e a pobreza.

Nun obradoiro anterior o estudantado aprendeu a usar a radio e o video  como ferramentas de transformación social,  e durante estas últimas semanas estiveron recompilando información para construír os seus propios guións sobre as materias.

Esta actividade na que participa todo o alumnado de terceiro da ESO  do centro, forma parte do  proxecto de Educación en Valores  “O Mundo que Queremos” que durante este curso está a achegar a oito institutos galegos  as problemáticas que afectan aos países empobrecidos pero tamén ao seu propio entorno, a través de dinámicas innovadoras e participativas como xogos de rol, obradoiros de radio e vídeo, teatro da oprimida ou a visita ás súas escolas de persoas que traballan en outros países fomentando a transformación dos mesmos.

Cooperación Galega: O Mundo Que Queremos (OMQQ) é unha iniciativa que naceu no ano 2013 impulsada por cinco entidades distintas para fomentar una xuventude máis critica, responsable e participativa.  É un proxecto financiado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, que forma parte da plataforma de innovación educativa ‘Plan Proxecta’, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Últimas novas