Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Alumnado de Noia celebrará San Valentín cun programa de radio e varias curtometraxes para loitar contra a pobreza

Alumnado de Noia celebrará San Valentín cun programa de radio e varias curtometraxes para loitar contra a pobreza

12 de febreiro. Pontevedra.  O próximo xoves 14 de febreiro de 8:45h a 10:25h os mozos e mozas da ESO do IES Campo de San Alberto, celebrarán un San Valentín diferente, dedicando parte da mañá a realizar un programa de radio na aula e a gravar vídeos que coas suas mensaxes loiten contra a pobreza.

Nun obradoiro anterior impartido fai varias semanas aprenderon a usar a radio  e o vídeo como ferramentas de transformación social e durante estes últimos días estiveron recompilando información para construír o seu propio discurso contra a desigualdade de xénero.

Esta actividade na que participarán mais de noventa alumnos e alumnas forma parte do  proxecto de Educación en Valores  “O Mundo que Queremos” que durante este curso está a achegar a oito centros educativos galegos  as problemáticas que afectan aos países empobrecidos pero tamén ao seu propio entorno, a través de dinámicas innovadoras e participativas como xogos de rol, obradoiros de radio e vídeo, teatro da oprimida ou a visita ás súas escolas de persoas que traballan en outros países fomentando a transformación dos mesmos.

Cooperación Galega: O Mundo Que Queremos (OMQQ) é unha iniciativa que naceu no ano 2013 impulsada por cinco entidades distintas para fomentar una xuventude máis critica, responsable e participativa.  É un proxecto financiado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, que forma parte da plataforma de innovación educativa ‘Plan Proxecta’, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 

Convidámosvos a acudir o 14 de febreiro entre as 8:45h e as 10:25h ao IES Campo de San Alberto de Noia,  para presenciar a realización do programa de radio e a gravación dos produtos audiovisuais creados polo alumnado.

 

Para máis información:

Rocío Cadahía (responsable comunicación): 605 31 60 39

María Caride (coordinadora do proxecto): 981 243 506 / 626 913 681

Correo electrónico: comunicacion@agareso.org

Páxina web: http://omundoquequeremos.org/

Últimas novas