Xa está en marcha unha nova edición de ‘O mundo que queremos’ e durante estas dúas últimas semanas estivemos percorrendo os centros inscritos este ano co primeiro dos obradoiros de educación en valores do proxecto. Neste taller se incidiu sobre as desigualdades sociais e as causas que as perpetúan, facendo partícipe desta problemática ao alumnado e remarcando o seu papel transformador na consecución dun mundo máis xusto e presentáronse ademais iniciativas de cooperación internacional que a Xunta de Galicia apoia en países empobrecidos a través das ONGD.
Tamén realizamos o xogo das cadeiras, una dinámica que representa como está repartido o mundo, tanto en habitantes coma en riqueza. Aquí tedes aos alumnos e alumnas do CPI Castroverde, o CPI Viaño Pequeno (Trazo), o IES Moncho Valcarce (As Pontes), o IES Alfoz-Valadouro, o IES Beade (Vigo) e o IES A Cachada (Boiro) en acción.
E para que coñecesen un pouco do traballo feito na anterior edición puideron ver unha montaxe que resume o vivido na primeira edición deste gran proxecto. En breve, volveremos aos centros cos obradoiros de podcast e fotografía!
Todas as imaxes deste primeiro obradoiro aquí.