Para finalizar o proxecto e a modo de conclusión, dedicaremos unha xornada ao encontro entre todo o alumnado e profesorado participante. Unha vez máis, a arte, nesta ocasión en forma de música será a peza central dun evento no que, ademais, os alumnos e alumnas presentarán os resultados dos seus traballos radiofónicos e fotográficos.
Un concerto de hip-hop no que as letras afondarán nos contidos traballados ao longo das distintas sesións de traballo coa asistencia de todas as persoas e institucións participantes queren facer deste evento “a festa da solidariedade”.