Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Búscanse activistas para mudar o mundo

activismo xuvenil

Búscanse activistas para mudar o mundo

Que che enfada? Que che motiva? Unha persoa activista é aquela que non se conforma e que dalgún xeito quere mudar unha realidade que non lle gusta. Medio ambiente, xénero, desigualdade…desgraciadamente hai centos de realidades que precisan ser mudadas. O que persegue este proxecto educativo, que xa vai pola súa 8ª edición,  e apoiar ao alumnado galego para que se informe ( dun xeito distinto aos tradicionais) se faga consciente das desigualdades ( escoitando de primeira man a loita de mozos e mozas doutros países) se indigne ( coas inxustizas) se motive ( pense que pode mudalas ) e finalmente o faga. Tome partido. Pase a acción.

 

Con demasiada frecuencia os e as adolescentes son vistos como apáticos e egocéntricos. Pero unha nova xeración de mocidade activista está demostrando que moitos mozos e mozas están, de feito, moi preocupados polos problemas sociais, políticos e ambientais, e están completamente preparados para facer algo ao respecto. Quizais moitos dos teus alumnos e alumnas solo precisen un empurronciño para poñerse en acción.

 

A revista americana Time dedicou o seu número do 3 de febreiro deste ano ao fenómeno de "Youthquake" (fusión das palabras inglesas xuventude e terremoto), co título na portada: "O mundo cambiará cando unha nova xeración o dirixa". Dende Gretta Tumber ou Malala a Emma Gonzalez ou Amika George, nos últimos anos están a xurdir novos e crecentes movementos sociais promovidos por adolescentes. Este proxecto pretende apoiar ao alumnado para que coñeza e de algunha maneira entre a formar parte deste movemento global de xuventude inspiradora. 

 

Pero non podemos esquecer o escenario no que vivimos . O mundo mudou no ano 2020 e o noso novo proxecto  educativo mudou canda el. Non podería ser doutro xeito. Logo de falar con moito profesorado, alumnado, e de ter en conta tamén a nosa experiencia en case 40 centros educativos e con mais de 3000 mozos e mozas, deseñamos un proxecto que non perde a esencia do anterior, pero que está adaptado a nova realidade. Activistas polo mundo que queremos  apostará pola virtualidade,  pero non renunciará a varias sesión presenciais ( se o centro e  a situación o permiten).  Temos un proxecto no que priorizamos a flexibilidade e capacidade de adaptación, pero que non perde a nosa esencia: apoiar unha mocidade galega informada, concienciada e tomando partido.

 

Pero para facelo precisamos profes e profas coma ti, que como diría Mafalda,  tamén queiran cambialo mundo! Se todo isto che soa ben, xa tes aberta a inscrición no Plan Proxecta da Xunta de Galicia para o noso proxecto Activistas para o Mundo que queremos. Tes ata o próximo 23 de outubro.

 

 

Nesta ligazón atoparás máis información sobre o noso proxecto: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/9623

E nesta podes formalizar a inscrición: http://www.edu.xunta.gal/portal/planproxecta

 

Photo: UN Women/Johis Alarcón

Últimas novas