Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Como é unha radio activista?

Como é unha radio activista?

O activismo pode realizarse de moitos xeitos pero a nosa proposta é facelo a través da comunicación, usando a radio como unha ferramenta para o activismo, para a transformación social.

Na segunda parada do proxecto os mozos e mozas recibirán unha nova visita as aulas. Neste caso Verónica e Rocío, expertas en comunicación transformadora, realizarán un obradoiro centrado en aportar unha visión máis crítica sobre os medios de comunicación e as redes sociais  como construtores de moitas das nosas opinións e comportamentos.

Na sesión o alumnado reflexionará en torno a importancia do pensamento crítico e entre todos e todas definirán  como debería ser unha radio activista.

Unha radio que loita polos dereitos humanos, promove a solidariedade, a organización e a participación cidadá. Acompaña as loitas, denuncia as inxustizas e educa e sensibiliza. Unha radio na que hai discurso de odio e na que non se normaliza a desigualdade nin a inxustiza.

E ti, como pensas que debería ser unha radio activista?

Últimas novas