Agora que o final de curso xa está á volta da esquina, parece que é un bo momento para que miremos atrás e reflexionemos sobre todo o acontecido ( e o aprendido!) neste ano estrano no que esperemos que nos vaiamos despedindo para sempre do COVID, da pandemia e de eses medos que a acompañaron.
Pero que mellor forma de mirar cara atrás que facendo unha pequena selección fotográfica do que foi esta 9º edición de Activistas polo Mundo que queremos. Aquí a tedes!
Os primeiros que comezaron o proxecto, foros os profes e profas ( ou que pensabades!). Reunímolos para explicarlles o funcionamento de Activistas polo mundo que queremos. Miradeos aquí que aplicadiños!!
En novembro vímonos as caras por vez primeira! Bueno…as caras é un dicir, vímonos os ollos, porque aínda levabamos as máscaras postas!!! Ángela, María Caride e Andrea estiveron canda vós nas aulas para que entre todos e todas forades descubrindo o que significa realmente ser unha persoa activista tanto aquí en Galicia como en outras partes do mundo… agora xa sabemos que non fai falla levar pantalóns anchos, foulares de cores ou aros grandes nas orellas non?:P
Entre Decembro e xaneiro chegaron Lucía e Rocío para falarvos da comunicación transformadora. Aquela que serve para mellorar o mundo. Tamén analizamos ( e criticamos) os medios de comunicación e as redes sociais, e cada un de vos elixiu o activismo no que se sentía máis cómodo ou cómoda.Despois chegou o momento de aprender algo máis de cada un dos activismos que escollestes (medio ambiental, feminista e contra o discurso do odio). Disto non temos fotos porque foi a través da nosa estupenda aula virtual, que funciona así de ben grazas a María Lobo a nosa hacker particular. Vos non a vedes, pero ela está!!
Tamén a través da aula virtual aprendestes o que tiñades que facer para crear un guión radiofónico, paso fundamental para chegar a nosa seguinte parada.
Entre febreiro e marzo a radio activista quentou motores e saímos ao aire!!! Gravastes os vosos programas de radio!! Este sí que foi todo un momentazo! Risas, nervios, e concentración máxima para locutar o mellor posible esas reportaxes que tanto traballiño nos deron…pero o esforzo mereceu a pena e menudos podcast chulos que temos este ano, non si? (Podedes escoitalos aquí!)
Despois de dalo todo no obradoiro de radio, voltamos a aula virtual para coñecer as persoas que nos visitarían unhas semanas despois. Na aula aprendemos moito sobre O Salvador, o seu contexto político e social actual, a situación das mulleres, dos artistas, e vimos por vez primeira o traballo de Yezly e Queen, as dúas artistazas que nos conquistaron.
E finalmente en abril, moi ben acompañadas por María Caride e Raquel, chegaron a Galicia Yezly e Queen, estas dúas mozas hiphopeiras feministas que desafían as desigualdades e a violencia estrutural no seu país, O Salvador. Definila sesión como inspiradora, parece que se nos queda ata corto…Chegaron como un remoliño de artivismo, de forza e paixón polo que fan, de gañas de cambiar o mundo, de ansias de liberdade e de rebeldía para non calar ante nada, nin ninguén.… E claro, o fenómeno fan, desatouse!!!!Estas sete paradas definiron o noso proxecto este ano. Sete paradas froito da colaboración de tres ONGDs, e unha cooperativa que traballan coordinadas para desenvolver “Activistas polo Mundo que Queremos”: Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso), Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e Feitoria Verde, co financiamento da Xunta de Galicia.
Grazas a todas as persoas que facedes posible Activistas polo mundo que queremos!