Xa tes decidido que queres inscribir o teu centro en ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS?
Estupendo! aquí che deixamos unhas indicacións para que che séa máis doado facelo:
• PLATAFORMA
Activistas polo Mundo que Queremos forma parte do Plan Proxecta+, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, polo que debes inscribir ao teu centro educativo nesta plataforma antes do 29 de setembro do 2023. Recorda que para facelo debes identificarte previamente ( na parte superior dereita da pantalla).
• PROFESORADO
A propia convocatoria do Plan Proxecta+ esixe que participen a lo menos dous profesores/as (un deles có rol de persoa coordinadora). Se agora queredes inscribirvos dous/dúas profes, pero despois se anima alguén mais, tedes ata xaneiro de 2024 para incluílo na aplicación e se recoñeza o certificado de innovación educativa.
O ideal é que se inscriba profesorado que imparte aulas co alumando que participa no proxecto.
• FORMACIÓN PREVIA
Previo ao comezo de Activistas polo Mundo que queremos terá lugar unha formación sobre o proxecto para profesorado a través do Cafi, polo que se certificaran as horas . O obxectivo desta formación é coñecer o proxecto, a aula moodle do mesmo e aterrar todas aquelas cuestións que necesitedes como profesorado para poder desenvolvelo. Esta formación, ao ser realizada a través da Consellería xa ten data, será o 21 de outubro en Santiago de Compostela. É preciso que a lo menos asista a persoa coordinadora.
• ITINERARIO
O itinerario formativo para o alumnado consistirá en sete sesións, 4 presencias e 3 virtuais que terán lugar de mediados de novembro a finais de abril. Haberá un acompañamento continuo pola nosa parte durante todo o proxecto.
1. Que significa ser activista? Primeiro obradoiro presencial na aula (100 minutos) para dar a coñecer o proxecto e achegarnos ao contido a traballar: que significa a palabra activismo e as características das persoas activistas. Novembro do 2023.
2. Comunicación transformadora. Analizaremos os medios de comunicación dende unha perspectiva crítica e de cidadanía global. Segunda parada do proxecto presencial (100 minutos). Decembro 2023.
3. Achegámonos aos activismos: Medio ambiental, Feminismo, LGTBI, Antirracista. Sesión a través da aula virtual. Mes de xaneiro 2024.
4. Comeza a acción: Realizamos os nosos guións radiofónicos. Creamos os nosos guións radiofónicos sobre o activismo elixido. Traballo en aula do alumnado guiado polo profesorado co apoio da plataforma moodle. Mes de xaneiro - febreiro 2024
5. Comeza a acción: Obradoiro de radio. Creamos os nosos programas de radio de combate. Presencial na aula (100 minutos). Mes de febreiro-marzo 2024
6. Achegámonos a outros contextos socias. Distintas voces para unha mesma realidade. Coñecemos a labor de activistas que traballan en diversas esferas noutras partes do mundo. A través da aula virtual. Marzo 2024.
7. Encontros con activistas do Sur. Presencial na aula (100 minutos). Abril 2024
Encontraredes máis información sobre o noso proxecto nesta ligazón
• DÚBIDAS
Para calquera dúbida ou cuestión podedes contactar con nós por telefono: 626913681 ( María Caride) ou no correo electrónico: sensibilizacion@solidaridadgalicia.org