Durante estas últimas dúas semanas os e as activistas de O mundo Que Queremos estiveron realizando a 4º da nosas paradas: Comunicación transformadora.
Nesta sesión o alumnado descubriu algún dos máis escuros segredos que agochan os medios de comunicación xeneralistas do noso país: son independentes? Quen son os seus propietarios? Que intereses teñen? Como nos manipulan? Cales son os seus principais “pecados”? É verdade que unha imaxe vale máis ca mil palabras? En fin! Unha morea de cuestións para que a partir de agora os mozos e mozas teñan unha actitude máis crítica ante o que ven ou o que escoitan a través dos medios.
Un preludio máis que necesario para pasares a nosa seguinte fase, a elección do seu activismo. O proxecto ofrécelles neste punto tres itinerarios distintos para que cada un e cada unha escolla segundo o que máis lles indigna:
• Que che molesta que nos medios as veces difundan contidos falsos de forma intencionada para manipular a opinión pública e fomentar o odio cara colectivos minoritarios? Pois o teu, sen dúbida, é o ACTIVISMO ANTIRRACISTA/ANTIXENOFOBIA.
• Ou quizais che parece fatal que os medios fomenten o consumismo e un estilo de vida prexudicial para o medio ambiente, os animais e as persoas? Entón a ti o che vai é o ACTIVISMO MEDIO AMBIENTAL OU ANTIESPECISTA.
• Ou máis ben che molestan os estereotipos de xénero que nos transmiten os medios, e que prexudican tanto ás mulleres como ás persoas LGTBI? Pois O teu é o ACTIVISMO FEMINISTA OU LGTBI.
Unha vez que os mozos e mozas definen o seu activismo, comeza unha nova fase onde a través de diversas actividades entenden un pouco mellor que significa cada un de eles. O obxectivo é finalizar a sesión 4 coa construción dun guión radiofónico para facer unha reportaxe sobre algún tema vinculado co seu activismo. E se dúbida, niso andarán os nosos reporteiros e reporteiras nestes días…
Na seguinte sesión, que xa será a 5º, locutarán a gravarán as súas creacións entre todos e todas crear un programa radiofónico por aula… Pero iso xa volo contaremos máis adiante