Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Coñecer a realidade que nos rodea para poder incidir sobre ela é un paso fundamental para contribuír a súa transformación.

Coñecer a realidade que nos rodea para poder incidir sobre ela é un paso fundamental para contribuír a súa transformación.

Cada día, as persoas que nos gobernan toman decisións que afectan ás nosas vidas e ás de milleiros de persoas en todo o planeta.

Achegarse ao mundo da Cooperación Internacional a través do coñecemento das problemáticas que afronta e as solucións que propón están entre os obxectivos desta iniciativa.

Nesta primeira sesión reflexionamos conxuntamente co alumnado sobre os contidos dos chamados Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, un compromiso político adquirido a nivel mundial no ano 2000 que pretende acabar coa pobreza no mundo. Como cidadanía dun estado asinante dese compromiso podemos e debemos coñecer o fundamento do mesmo.

No ano 2000, 189 xefes de estado e de goberno de todo o mundo aprobaron na Asemblea Xeral das Nacións Unidas a Declaración do Milenio. Esta Declaración era unha síntese dos principais obxectivos de desenvolvemento convidos nas conferencias internacionais e cumes mundiais celebradas na década dos 90 e constituíu unha promesa sen precedentes das e dos dirixentes mundiais de abordar, dunha soa vez, a paz, a seguridade, o desenvolvemento, os dereitos humanos e as liberdades fundamentais. Sobre a base desta Declaración elaboráronse un conxunto de oito obxectivos denominados Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM). Estes obxectivos establécense en función de resultados concretos que se pretenden acadar antes do ano 2015 en relación ao benestar económico, benestar social e sustentabilidade medioambiental, e contemplan a promoción de alianzas internacionais a través da participación democrática.

  • ODM 1: Erradicar a pobreza extrema e a fame
  • ODM 2: Lograr a educación primaria universal
  • ODM 3: Promover a igualdade de xénero e o empoderamento da muller
  • ODM 4: Reducir a mortalidade infantil
  • ODM 5: Mellorar a saúde materna
  • ODM 6: Combater o VIH/SIDA o paludismo e outras enfermidades
  • ODM 7: Garantir a sustentabilidade do medio ambiente
  • ODM 8: Fomentar unha alianza mundial sobre o desenvolvemento

Cada un destes obxectivos concrétase á súa vez nunha serie de metas e indicadores, que constitúen a folla de ruta da meirande parte de institucións públicas e privadas na loita contra a pobreza no mundo.

E a partir de 2015, que?

Últimas novas