Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Educomunicación

Nos nosos obradoiros educomunicativos de radio e vídeo os mozos e mozas participantes elaborarán as súas propias mensaxes para incidir na súa realidade, pasando de ser consumidores pasivos dos medios de comunicación a produtores dos seus propios discursos, tomando de este xeito unha actitude mais crítica ante os contidos que nos chegan dende a prensa, a radio, a tv ou as redes sociais.

 

O obradoiro de radio “O mundo que queremos” persegue que os/as alumnos/as participantes coñezan e usen as técnicas radiofónicas para investigar, expresar e reflexionar en torno a un dos Obxectivos de Desenrolo Sostible (ODS). O obxectivo do taller é que tódolos alumnos e alumnas poñan en marcha un pequeno espazo radiofónico que impulse a súa creatividade para a elaboración de pezas que versen sobre un dos ODS.

 

No obradoiro de vídeo, o alumnado ademais de aprender as técnicas básicas da gravación audiovisual, afondarán nas posibilidades do vídeo do móbil  para usalo como ferramenta de expresión e denuncia. Analizaranse as distintas posibilidades da produción audiovisual e escribiranse os guións para finalmente realizar as gravacións correspondentes. O obxectivo do obradoiro é que o alumnado por grupos cree distintas pezas audiovisuais ( reportaxe, o documental, o videoclip, a entrevista...) para falar do ODS escollido.

 

Obradoiros educomunicativos…

 

Estes dous obradoiros serán impartidos por AGARESO, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social

 

Obradoiro de vídeoto