Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Eres activista?

Eres activista?

Que caracteriza as persoas activistas?  E o mesmo facer activismo, aquí en Galicia que noutras partes do mundo? Seremos activistas sen sabelo? Con estas preguntas abriu a primeira parada de ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS, que este ano nos leva ata as aulas dos centros IES Plurilingüe Pedra da Aguia na Ponte do Porto en Camariñas, IES Campo de San Alberto en Noia, IES Ramón Cabanillas de Cambados, IES A Basella de Vilanova de Arousa,  IES O Couto da cidade de Ourense e o IES Lois Peña Novo de Vilalba.

Da man dos nosos educadores, Eloi e Aída o noso novo alumnado activista achegouse a conceptos como a corresponsabilidade ou a desigualdade social, facendo un análise profundo de por que se producen esas desigualdades e o que implica para moitas persoas.

Tamén este ano como novidade presentamos as nosas e os nosos reporteiros solidarios. Serán mozos e mozas voluntarios que queiran sacar videos e fotos de cada unha das sesións e tamén redactar un post do que viviron na aula. Así implicamos a mocidade e facemos a nosa comunicación máis participativa.

Pois a semente xa está na leira. Vémonos na seguinte parada de Comunciación transformadora, a ver se medra algo!

Últimas novas