No mes de decembro @s nos@s activistas poderán escoller o activismo que queren ser na nosa segunda parada do proxecto: Escolle o teu activismo.
Trátase da primeira sesión virtual que farán e o profesorado será o que decida como e cando implementala. Nela convidaremos ao alumnado a que escolla o activismo que máis lle motive entre catro posibles itinerarios:LGTBIQ+, FEMINISMO; MEDIO AMBIENTE ou ANTIRRACISTA.
En cada itinerario unha serie de exercicios, xogos e actividades facilitarán que os mozos e mozas afonde no seu activismo, informándose, reflexionando e adoptando unha perspectiva máis crítica e participativa.