Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Gravando e fotografiando para ‘O mundo que queremos'

Gravando e fotografiando para ‘O mundo que queremos'

Abrimos o noso blog aos centros educativos participantes nesta edición para que compartan as súas impresións sobre os obradoiros que levamos ata o momento e para que nos conten como van eses traballos radiofónicos e fotográficos que comezan a tomar forma. O primeiro centro que se estrea é o IES Urbano Lugrís da Coruña da man de África López, coordinadora do proxecto.

 

O martes 26 de xaneiro tivemos o noso terceiro obradoiro do Proxecta ‘O mundo que queremos’. Xa co traballo en marcha, estes obradoidros impartidos por Montse e Óscar constituíron unha inestimable axuda e impulso ao que, a tentas, estabamos a facer. 

Urbano Lugrís

 

 Urbano Lugrís 

Xa temos bosquexos de catro programas de radio e outros tantas de montaxes fotográficas. Todo isto en torno ao Obxectivo de Desenvolvemento Sostible nº 16, a paz, a non violencia e a xustiza.

Varios rapaces estiveron rapeando contra a violencia machista, outros investigando sobre refuxiados de Siria, outros máis investigando sobre as condicións de vida no cárcere máis preto de nós, o de Teixeiro…

Non contamos máis de momento… queda moito traballo por diante. Seguiremos a aprender mentres facemos.

Ata a próxima!

Últimas novas