Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Inmensas grazas activistas!!!

Inmensas grazas activistas!!!

Para a equipa de Activistas polo mundo que queremos este foi unha edición especialmente boa ( será que xa estamos a punto de cumprir os 10 anos de vida!)  no que tanto o alumnado como o profesorado traballastes moito!! Esperamos que tamén desfrutarades! Sabemos que o camiño do activismo non é sinxelo e fai falta moita información, organización, e sobre todo…sobre todo…paixón! Desa hai que poñer tres ou catro culleradas! Escoitando algún dos vosos podcast vemos que gañas non vos faltan para transformar o mundo,  e isto é sen dúbida ningunha o que nos anima a continuar.

Graciñas profesorado e alumnado do IES Fonmiñá, IES A Pinguela, IES Afonso X O Sabio, IES Lauro Olmo, IES Aquis Celenis e  IES A Chapela. Vós sodes a pedra angular deste proxecto, e sen o vós, sen a vosa enerxía e dedicación, isto non ten sentido.

Grazas tamén as organizacións que fan este proxecto realidade: Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso), Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e Feitoria Verde. Tamén grazas a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, financiadores deste proxecto e ao Plan Proxecta que nos permite chegar ata vós.

Pero detrás das organizacións hai tamén persoas. Este ano Activistas polo mundo que queremos foi levado a cabo grazas a María Caride na coordinación do proxecto, María Lobo, aos mandos da aula virtual, Lucía Rodriguez, Rocío Cadahía, Ángela Fraga, Samuel Cordero e Andrea López como monitores dos obradoiros e Raquel López acompañando a Yezly e Queen as nosas marabillosas convidadas deste ano!! Grazas!! e por suposto a todos os voluntarios e voluntarias que nos acompañástedes nesta edición!!

Vémonos na loita activistas!

Últimas novas