Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Máis de trescentos adolescentes pontevedreses convértense en activistas a través da radio

alumnado o grove grava podcast

Máis de trescentos adolescentes pontevedreses convértense en activistas a través da radio

 Os máis trescentos mozos e mozas pontevedreses que participan este ano no proxecto de educación en valores "Activistas polo mundo queremos" gravarán dende este xoves e ata finais de mes varios programas de radio para loitar contra o machismo, os abusos ambientais ou o discurso de odio contra a migración e o colectivo LGTBIQ+.

En obradoiros anteriores aprenderon o que significa ser unha persoa activista tanto na Galiza coma noutras partes do mundo. Tamén reflexionaron sobre como as ferramentas comunicativas como a radio, pódenlles axudar no seu activismo.   Agora os mozos e mozas, como se fosen auténticos xornalistas, tras investigar e facer os guións das súas reportaxes, locutarán e  gravarán en “falso directo” os seus propios programas de radio de denuncia e transformación social. Comezará o estudantado do IES Montecelo este xoves e venres en Pontevedra,  e a semana que ven será a quenda dos mozos e mozas do IES Luís Seoane tamén de Pontevedra, e do IES Valadares de Vigo.

En total son case 600 estudantes que dende Pontevedra, Vigo, Oleiros e Coristanco participan este ano na 10º edición de "Activistas polo mundo queremos". Un proxecto de educación para a cidadanía global que xa chegou a máis de de 4300 mozos e mozas e 240 profesores e profesoras de toda Galicia, e que é posible grazas a unión de tres ONGDs, Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) coa colaboración de Feitoría Verde e o financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia.

Activistas polo mundo queremos forma parte da plataforma de innovación educativa ‘Plan Proxecta’, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 

CALENDARIO DAS GRAVACIÓNS DO PROGRAMA RADIAL:

· Xoves, 16 de marzo: IES Montecelo (Pontevedra) de 8:30h a 10:10h ( FP Agro e peiteado)

· Venres, 17 de marzo: IES Montecelo( Pontevedra): 9:20h -11:00h ( FP Peiteado e automoción) e de 12:20h - 14:00h ( FP Artes e Automoción)

· Luns, 27 de marzo: IES Valadares  (Vigo): de 8:45h-10:25h(4º ESO C) e de 10:25h-12:00h( 4º ESO D )

· Mércores, 29 de marzo:

o   IES Valadares ( Vigo): : de 9:35h-11:15h (4ºESO A) e de 11:45h -13:25h ( 4º ESO B)

o   IES Luís Seoane ( Pontevedra) de 9:50h - 11:30h (4º ESO) e de 12:00h - 13:40h ( 3º ESO)

· Venres, 31 de marzo: IES Luís Seoane (Pontevedra) de 9:50h - 11:30h (1º e 2º  ESO) e de 12:00h - 13:40h( FP Básica)

 


Para máis información:

María Caride (coordinadora do proxecto): 981 243 506 / 626 913 681

Rocío Cadahía (responsable comunicación): 605 31 60 39

Correo electrónico: omqq@agareso.org

Últimas novas