Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

A mobilización do alumnado do IES Fontmiñá consegue becas de transporte para @s estudantes na Pastoriza

A mobilización do alumnado do IES Fontmiñá consegue becas de transporte para @s estudantes na Pastoriza

CPR La Inmaculada CPR Plurilingue Santa Margarita IES Brión IES Fonmiñá

Recollidas de firmas, unha obra de teatro, deseños de carteis, encontros co alcalde…os alumnos e alumnas do IES Fontmiña da Pastoriza  fixeron de todo para acadar o seu obxectivo: conseguir o apoio do concello para facer fronte o custe do desprazamento para aqueles que queren continuar cos seus estudios de bacharelato ou FP.

Pouco mais de seis meses despois, as axudas son unha realidade. O pasado 16 de xaneiro publicábanse as súas bases reguladoras.

Unha vitoria acadada grazas o compromiso do centro educativo, o traballo do alumnado e do impulso do proxecto de educación para o desenvolvemento Cooperación Galega: O mundo que queremos no que todo o centro participaba o ano pasado, e repite este curso.

O obxectivo de O Mundo que Queremos é crear cidadanía crítica e participativa e dotar o alumnado de capacidade para analizar e incidir na súa realidade.  Durante todo o curso os mozos e mozas do instituto reciben diversas visitas que lles axudan a afondar en torno a temáticas como o respecto á natureza, a igualdade de xénero, a desigualdade global ou o acceso aos dereitos básicos, como a educación, que foi a temática escollida o curso pasado na Pastoriza.

O  xoves 1 de febreiro de 10:30 a 14:15 o alumnado do Ies Fontmiñá recibirá unha nova visita de O mundo que queremos. Nesta ocasión utilizarán ferramentas como a radio e a fotografía para construír as súas propias mensaxes en contra de desigualdade de xénero ou en favor do medio ambiente.

O mundo que queremos, forma parte do Plan Proxecta da Xunta de Galicia, e nesta quinta edición lévase a cabo grazas a unión de cinco ong´s: Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Reporteir@s Solidari@s (Agareso), Educo, Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e o colectivo 100Tolas, que traballan conxuntamente para fomentar una xuventude máis critica, responsable e participativa.

A esta aventura, ademais o IES Fontmiñá da Pastoriza, sumáronse tamén o IES Brión, o IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa, os centros da Coruña IES Fernando Wirth e CPR Plurilingüe Santa Margarita, e o CPR Plurilingüe La Inmaculada de Marín, que xa traballan nas súas propias loitas.

Últimas novas