Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Quen somos?

AS ORGANIZACIÓNS SOCIAIS:

O mundo que queremos nace gracias o traballo conxunto de varios colectivos sociais galegos que aportan a este proxecto as súas experiencias, enerxías e xeitos de facer.

SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL DE GALICIA

É unha organización non gobernamental de desenvolvemento (ONGD) galega de carácter laico, que promove a xustiza social a través de proxectos de cooperación internacional, axuda humanitaria e de emerxencia, educación para o desenvolvemento, comercio xusto e presión política.

www.solidaridadgalicia.org

AGARESO

A Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social é unha organización sen ánimo de lucro, formada por un colectivo de profesionais do mundo da comunicación en Galicia que cren no poder da comunicación como ferramenta de transformación social. O seu principal obxectivo é utilizar as ferramentas de comunicación para conseguir a Transformación Social, principalmente a través de proxectos de Cooperación Internacional, Educación para o Cambio e Acción Social.

www.agareso.org

ASAMBLEA DE COOPERACIN POLA PAZ

Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP) é un instrumento, un punto de encontro de persoas que aspiran a vivir nun mundo que cimente os seus piares na dignidade, a xustiza e a igualdade e se poñen a iso para achegar colectivamente o seu granito de area. O seu labor encamíñase a lograr unha sociedade máis igualitaria na que todas as persoas teñan a posibilidade de vivir unha vida digna. A cooperación internacional, a acción nas escolas, a intervención social nos nosos barrios e cidades e a sensibilización cidadá son puntos de apoio fundamentais neste labor de incidencia política.

www.acpp.com

FEITORIA VERDE

Feitoría Verde é unha Cooperativa Sen Ánimo de Lucro que entende a EDUCACIÓN coma un proceso lento de artesanía: orixinal, cheo de afectividade, de tempo investido e de pequenos detalles. Unha acción de transformación social que nos fai estar en constante proceso de mellora e aprendizaxe, tanto persoal como colectivamente. Unha actividade pedagóxica e política que coloca no centro as necesidades e o benestar das persoas e da natureza que habitamos. Este benestar persoal e social fainos conscientes da nosa vulnerabilidade e co-dependencia das demais persoas e do noso medio, e abre a posibilidade de tecer redes e xerar interaccións na construcción da xustiza social e ambiental.

feitoriaverde.com

E AS INSTITUCIÓNS PÚBLICAS:

O xeso que fixo posible a unión destas organizacións son as institucións públicas, concretamente dúas direccións xerais que a través de dúas liñas de traballo complementarias apoiaron o impulso desta intervención.

Plan Proxecta

Iniciativa impulsada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa de Galicia que busca a integración na planificación anual dos centros de programas postos en marcha por entidades alleas ao sistema educativo. Trátase polo tanto dun programa que busca a interdisciplinaridade dentro dos espazos da educación regrada, unha liña de traballo que se bota en falla na nova proposta lexislativa en materia educativa.

Se queres saber máis:
https://www.edu.xunta.gal/portal/planproxecta
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/9623

Subdirección Xeral de Cooperación Exterior

Nas diferentes planificacións desta subdirección recollíanse como obxectivos a coordinación entre departamentos administrativos e o impulso de intervencións de Educación para o Desenvolvemento que apoien á sociedade galega no traballo da súa corresponsabilidade na construción da xustiza social. A participación no Plan Proxecta a través do programa Cooperación galega: O mundo que queremos permitiu avanzar en ambos obxectivos a pesar do importante recorte que está a sufrir esta política pública na nosa comunidade.

www.cooperaciongalega.org