Arranca Activistas polo Mundo que queremos, un proxecto educativo que busca xerar conciencia crítica na xuventude.
Santiago, 13 de novembro de 2023. Mañá martes dará comezo unha nova edición do proxecto de educación en valores “Activistas polo Mundo que Queremos” que busca xerar activismos xuvenís nos eidos do feminismo, o medio ambiente, o antirracismo e a loita LGTBI en centros educativos das catro provincias galegas.
Nos seus 11 anos de historia o proxecto chegou xa a máis de 4800 mozos e mozas, a 276 profesores e profesoras e a 62 centros educativos, a os que se suman seis centros nesta nova edición.
Mañá arranca o proxecto no IES Plurilingüe Pedra da Aguia na Ponte do Porto en Camariñas e o mércores será a quenda do IES Campo de San Alberto en Noia. Nos vindeiros días incorporaránse tamén os centros IES Ramón Cabanillas de Cambados, o IES A Basella de Vilanova de Arousa, o IES O Couto da cidade de Ourense e o IES Lois Peña Novo de Vilalba.
Nesta primeira toma de contacto, os case catrocentos estudantes que participan este ano achegaranse a o concepto de “activismo”, en torno ao que xira o proxecto, cun itinerario composto por sete obradoiros denominados “paradas”, que se desenvolverán ao longo de todo o curso escolar. O obxectivo final consiste en formar unha cidadanía activa e crítica, que identifique e combata as ameazas arredor da convivencia.
O percorrido didáctico que realizará o alumnado mestura a formación presencial coa online e establece as seguintes paradas:
Estas sete paradas son froito da colaboración das catro entidades implicadas neste proxecto: As ONGDs Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e a cooperativa Feitoría Verde, co financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE.
Forma parte da plataforma de innovación educativa ‘Plan Proxecta’, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Parte importante deste traballo é a propia difusión, así que dende Activistas polo Mundo que Queremos convidamos aos medios de comunicación a que compartades esta información e acudades ás sesións presenciais.
Aquí vos deixamos as datas desta primeira sesión: Que significa ser unha persoa activista?
Martes,14 de novembro
IES Plurilingüe Pedra da Aguia ( Rúa Curros s/n, A Ponte do Porto, Camariñas)
· 10:45 a 12:25 (3ºB)
· 12:45 a 13:25 (3ºA)
Mércores, 15 de novembro
IES Campo de San Alberto ( Rúa Egas Moniz, 6, Noia)
· 4º ESO-A: 10.45h a 12.25h
· 4º ESO-B: 12.45h a 14.25h
Martes, 21 de noviembre
IES O Couto (Rúa Rampa de Sas, s/n, Ourense)
· 2ºA: 1ª e 2ª h
· 2ºB: 4ª e 5ª h
IES Ramón Cabanillas (Av. Rosalía de Castro, Cambados)
· 8:50-10:30 1ºESO B
· 10:30-12:10 1ºESO C
· 12:50-14:30 1ºESO A
Mércores, 22 de noviembre
IES A Basella (Av. Galicia, 3, Vilanova de Arousa)
· 9:30-10:40 (2ºC)
· 11:00-12:40 (2ºA)
· 13:00-14:20 (2ºB)
IES O Couto (Rúa Rampa de Sas, s/n, Ourense)
· 8:30-10:10 (2ºD)
· 11:50-14:00 (2ºC)
Martes, 28 de noviembre
IES Lois Peña Novo (Rúa Cuart de Poblet, s/n Vilalba)
De 11:45 a 13:25 1º e 2º de Atención a Persoas en Situación de Dependencia
Para máis información:
Eloi Fernández Ramos (coordinador do proxecto)
981 24 35 06/ 650 541 426/ sensibilizacion@solidaridadgalicia.org
Rocío Cadahía (responsable comunicación)
605 31 60 39/omqq@agareso.org
Páxina web: http://omundoquequeremos.org/