Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

O alumnado de Lalín celebra San Valentín realizando unha curtometraxe para concienciar sobre a desigualdade de xénero

O alumnado de Lalín celebra San Valentín realizando unha curtometraxe para concienciar sobre a desigualdade de xénero

O próximo xoves 13 de febreiro de 8:55h a 10:35h os mozos e mozas de 2º da ESO do IES Laxeiro de Lalín, dedicarán parte da mañá a realizar unha curtometraxe para concienciar sobre a necesidade de traballar pola igualdade de xénero, no día previo a San Valentín.

Tamén realizarán un programa de radio na aula para tratar temáticas vinculadas coa protección do medio ambiente.Alumando IES Laxeriro de Lalín

Nun obradoiro anterior aprenderon a usar a radio e o audiovisual como ferramentas de transformación social e durante estas últimas semanas estiveron recompilando información para construír o seus propios discurso e mensaxes.

Esta actividade forma parte do  proxecto de Educación en Valores  “O Mundo que Queremos” que durante este curso está a achegar a cinco institutos galegos  as problemáticas que afectan aos países empobrecidos pero tamén ao seu propio entorno, a través de dinámicas innovadoras e participativas como xogos de rol, obradoiros de radio e vídeo, teatro da oprimida ou a visita ás súas escolas de persoas que traballan en outros países fomentando a transformación dos mesmos.

Cooperación Galega: O Mundo Que Queremos (OMQQ) é unha iniciativa que naceu no ano 2013 impulsada por cinco entidades distintas para fomentar una xuventude máis critica, responsable e participativa.  É un proxecto financiado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, que forma parte da plataforma de innovación educativa ‘Plan Proxecta’, impulsada pola Consellería de Educación,  Universidade e Formación Profesional.

Últimas novas