Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

O CPI Viaño Pequeno recibe o Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento ‘Vicente Ferrer’

O CPI Viaño Pequeno recibe o Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento ‘Vicente Ferrer’

CPI Viaño Pequeno

CPI Viaño Pequeno de Trazo, centro participante na segunda edición do noso proxecto, recibiu esta mañá en Madrid o VII Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento ‘Vicente Ferrer’ polo seu traballo en materia de sensibilización e educación participativa para a consecución dunha cidadanía global, solidaria e comprometida coa erradicación da pobreza, e no que se inclúen as actividades realizadas dentro da segunda edición de ‘O mundo que queremos’.

Myriam Morán e Ignacio Portela, docentes do centro, encargáronse de recoller o galardón que outorgan a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento -adscrita ao Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación- e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Premio Vicente Ferrer

Como parte do premio, dous responsables de cada unha das quince experiencias educativas galardoadas viaxarán a Marrocos para participar no ‘Seminario de Intercambio e Formación en Boas Prácticas en Educación para o Desenvolvemento’ celebrado baixo o auspicio da AECID. Este seminario terá lugar  entre o 17 e 25 de outubro de 2015 e contará cunha duración de 40 horas.

De novo, parabéns de parte de todo o equipo de ‘O Mundo que queremos’!

Máis información

Galería fotográfica do acto

Últimas novas