Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

O IES Ramón Cabaniñas de Cambados e O IES o Couto de Ourense recoñecidos pola súa labor fomentando os activismos xuvenís.

O IES Ramón Cabaniñas de Cambados e O IES o Couto de Ourense recoñecidos pola súa labor fomentando os activismos xuvenís.

Dous dos centros educativos que este ano participaron no proxecto ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS veñen de acadar os máis importantes recoñecementos a nivel estatal e autonómico vencellados coa educación para o desenvolvemento.

Un deles foi o IES Ramón Cabaniñas de Cambados, que recibiu o Premio Nacional de Educación para el Desarrollo "Vicente Ferrer" concedido pola AECID e o Ministerio de Educación, tras poñer en marcha as aprendizaxes recollidas con ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS. Así nolo conta a profesora referente da iniciativa, Beatriz San Pedro “Ao coñecer a través dun dos obradoiros deste programa como ser activistas, organizamos o noso propio activismo o 8M ganchillando xunto a alumnado de dous colexios de primaria da nosa localidade unha manta- parcarta para colgar no balcón do Concello e xunto a varias asociacións de mulleres rurais do noso concello unímonos a unha campaña para visibilizar a violencia sexista a través do ganchillo e tecer en público con un fin solidario. Este proxecto "Tecendo os fíos dos ODS" no que se inclúen tamén todas as actividades realizadas no plan proxecta "Activistas polo mundo que queremos” foi merecedor do premio Vicente Ferrer”

O premio recoñece experiencias educativas, proxectos ou propostas pedagóxicas destinadas a “sensibilizar, concienciar, desenvolver o espírito crítico e fomentar a participación activa do alumnado na consecución dunha cidadanía global, solidaria, comprometida coa erradicación da pobreza e as súas causas e o desenvolvemento humano e sostible”.

o couto

Por outra banda, O IES o Couto de Ourense acadou o 2º posto na categoría de secundaria no  Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global polo  traballo realizado durante todo o curso polo alumnado de 2º en ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS. O primeiro premio foi para outro centro que xa pasou tamén polo noso proxecto en edicións anteriores, o IES Luís Seoane, de Pontevedra que foi merecedor nesta III edición do galardón pola iniciativa Re_Étika: pensa, consume, actúa. I Feira da sostibilidade.

O alumnado e profesorado implicado nos proxectos gañadores recibiron na gala que se celebrou en xuño un diploma, así como un elemento distintivo para cadanseu centro. Ademais, este ano as docentes premiadas (dous por cada proposta) terán a posibilidade de visitar un proxecto de cooperación internacional en Guatemala.

Parabéns aos centros premiados por estes importantes recoñecementos, ao alumnado que se implicou e o fixo posible, e tamén a ese profesorado activista, empeñado en espallar día a día a chama da participación cidadá e a loita por un mundo mellor entre a mocidade.

Grazas a vos, todos e todas gañamos!

 

 

Últimas novas