“O rap é revolución e por iso é un medio axeitado para levar mensaxes". Así titulaba o xornal O Salto a entrevista que recollía a visita a Galicia de Yezli Mic e Queen, as dúas hiphopeiras feministas de O Salvador que pecharon esta edición de Activistas polo Mundo que queremos.
O paso destas mozas polas aulas dos centros que este ano participaron no proxecto foi toda unha revolución de artivismo, o arte ao servizo do cambio social. Pero tamén foi recollida por numerosos medios de comunicación que non quixeron perder a oportunidade de falar con dúas mulleres que están rachando coa multitude de prexuízos, que sobre todo no seu país, vinculan a música hiphop cos homes. De feito elas forman parte do colectivo Hip Hop Femenino El Salvador a primeira organización de mulleres rapeiras no Salvador.
Estas son algunhas cabeceiras que se fixeron eco do seu paso polos diferentes concellos nos que se levou a cabo o proxecto este ano: