Despois de tanta investigación, redacción e locución, por fin, os programas de radio de Activistas polo Mundo que queremos 2021-2022 xa están listos para ser escoitados!
Este ano tivemos un pouco de todo, enquisas, entrevistas a activistas LGTBI, a profesores e profesoras, a expertas medioambientais, a feministas, a compañeiros e compañeiras...hasta a algunha pintora mexicana que tivo que resucitar para a ocasión, verdade mozos e mozas da Pinguela?? Vamos, unha chea de contidos súper interesantes onde os nosos mozos e mozas reflexionaron e sen dúbida aprenderon sobre o activismo escollido.
Pois nada máis, que desfrutedes destes incribles traballazos!!!
IES Fonmiñá (A Pastoriza, Lugo)
IES A Pinguela (Monforte de Lemos, Lugo)
IES Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras, Ourense)
IES Aquis Celenis (Caldas de Reis, Pontevedra)
IES A Chapela (Vigo, Pontevedra)
IES Alfonso X O Sabio, (Cambre, A Coruña)