Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Pasar de ser consumidor@s pasivos de información a converternos en creador@s de mensaxes, conscientes e informad@s é o principal obxectivo da segunda e a terceira parada de O mundo que queremos. Os seis centros educativos que participan este ano no proxe

Pasar de ser consumidor@s pasivos de información a converternos en creador@s de mensaxes, conscientes e informad@s é o principal obxectivo da segunda e a terceira parada de O mundo que queremos. Os seis centros educativos que participan este ano no proxe

CPR La Inmaculada CPR Plurilingue Santa Margarita IES Brión IES Fonmiñá IES Castro Alobre IES Fernando Wirtz

Pasar de ser consumidor@s pasivos de información a converternos en creador@s de mensaxes, conscientes e informad@s é o principal obxectivo da segunda e a terceira parada de O mundo que queremos.

Os seis centros educativos que participan este ano no proxecto xa están enfrascados na tarefa de investigar sobre desigualdade de xénero e o medio ambiente, as principais temáticas abordadas nesta edición.  Porque para crear, primeiro hai que coñecer, hai que reflexionar, hai que repensar e hai que actuar.

Acompaña o alumnado nesta tarefa, os monitores Óscar Vázquez (fotografía) e Rocío Cadahía ( radio)  ambos integrantes da Asociación Galega de Reporteir@s Solidari@s. Dende estas dúas ferramentas comunicativas traballan co alumnado diferentes formatos para que sexan capaces de levar a cabo unha reflexión  sobre as temáticas escollidas e constrúan o seu propio discurso ao redor delas, elaborando ademais un material que poida ser difundido para sensibilizar ao resto da comunidade educativa. Todo un reto no que é fundamental tamén o acompañamento do profesorado.

A aventura xa comezou! Arrancamos o día 9 de xaneiro no IES Fonmiñá de A Pastoriza coa primeira sesión educomunicativa, onde os rapaces e rapazas se achegaron por primeira vez a radio e a foto.  Logo estivemos nos centros da Coruña Fogar de Santa Margarita e  Fernando Wirtz. A semana pasada foi o turno de La Inmaculada de Marín e o IES Brión…e aínda nos falta ir a Vilagarcía!! pero o primeiro paso xa está dado…agora creatividade, imaxinación e gañas… porque como dicía o gran Galeano “Actuar sobre a realidade, e cambiala, aínda que sexa un pouquiño, é a única forma que temos de demostrar que a realidade é transformable”.

Últimas novas