Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Proxecto

ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS 

Con demasiada frecuencia a adolescencia é vista como unha etapa de apatía e egocentrismo. Sen embargo, unha nova xeración de mocidade activista está demostrando que moitos mozos e mozas están, de feito, moi preocupados polos problemas sociais, políticos e ambientais, e están completamente preparados para facer algo ao respecto. Este proxecto pretende apoiar ao alumnado para que coñeza e de algunha maneira entre a formar parte deste movemento global de xuventude inspiradora. Xente moza informada, concienciada e tomando partido.

Activistas polo Mundo Que Queremos (AMQQ) é un proxecto de Educación para o Desenvolvemento ( ED) que naceu no ano 2013 e xa chegou a 62 centros educativos,  278 profesores e profesoras e  máis de 4.800 alumnos e alumnas. Ten por obxectivo promover que o alumnado galego de secundaria sexa consciente da interconexión que existe entre as realidades locais e as dinámicas globais, para fomentar a conciencia crítica e traballar a corresponsabilidade que todas e todos temos na construción da xustiza social.

 

Concretando, Activistas polo Mundo Que Queremos:

 

• É unha iniciativa que mestura a presencialidade e a virtualidade (aula moodle)

• A través do acompañamento continuo aos profesores/as, este proxecto servirá de complemento á practica  didáctica.

• Promove competencias como: 

 

  1. Comunicación lingüística. Promovendo a habilidade de usar a lingua ( tanto a galega como a castelá) para expresar ideas e relacionarse con outras persoas de maneira oral e/ou escrita.
  2. Competencia dixital. Implicando o uso seguro e crítico das TIC para obter, analizar, producir e intercambiar información.
  3. Aprender a aprender. O alumnado desenvolverá a súa capacidade para iniciar a aprendizaxe e persistir nel, organizar as súas tarefas e tempo, e traballar de xeito individual e/ou colaborativo para conseguir un obxectivo.
  4. Competencia social e cívica. Traballarán á capacidade para relacionarse coas persoas e participar de maneira activa, participativa e democrática na vida social e cívica.
  5. Conciencia e expresións culturais. Traballarase a capacidade para apreciar a importancia da expresión a través dos guións de radio, a fotografía, a música, etc.

 

 

Paradas omqq

 

TEMPORIZACIÓN

O proxecto abórdase ao longo do curso a través de sete sesións: 4 presenciais  e 3 virtuais, nas que a través de metodoloxías innovadoras como a visita aos centros de activistas doutros países ou a radio como elemento de transformación e denuncia, apoiarán ao alumnado para construír activismos xuvenís que transcendan o centro educativo.

 Comeza habitualmente no mes de outubro cunha sesión formativa para o profesorado participante.

 

As sesións que ten que desenvolver o alumnado adoitan comezar entre novembro e decembro e prevese a súa finalización en abril ou maio. As datas son flexibles e poderán adaptarse a realidade de cada centro educativo.

 

- Parada 1 (presencial). Novembro. Que significa ser activista? Primeiro taller presencial para dar a coñecer o proxecto, a aula virtual e os conceptos cos que imos traballar: que significa ser unha persoa activista, aquí e noutras partes do mundo.

 

- Parada 2 (presencial). Decembro. Comunicación transformadora. Analizamos os medios de comunicación de masas e as redes sociais desde unha perspectiva crítica e de cidadanía global. Coñecemos a importancia de crear canles alternativas de comunicación como a radio de combate.

 

- Parada 3 (virtual). Xaneiro. Os activismos. O alumnado achégase a unha das catro posibles liñas de activismo (ambiental, feminista, LGTBI e antirracista) e coñece as maneiras de actuar na súa contorna a nivel local contra problemas que teñen repercusión global.

 

- Parada 4 (virtual). Febreiro. Guións radiofónicos. Creamos os nosos guións radiofónicos sobre o activismo elixido. Traballo en aula do alumnado guiado polo profesorado a través da aula virtual.

 

- Parada 5 (presencial). Febreiro. Taller de radio de combate. Creamos os nosos programas de radio activista.

 

- Parada 6 (virtual). Marzo. Outros contextos sociais. Distintas voces para unha mesma realidade. Coñecemos un pouco máis o labor e o país de activistas que combaten diferentes desigualdades noutras partes do mundo e que visitarán na seguinte sesión o noso centro educativo.

 

- Parada 7 (presencial). Abril. Encontros con activistas do Sur. Persoas implicadas nas loitas contra as diferentes desigualdades visitan os centros educativos e achegan os actuais desafíos e as ferramentas empregadas para combatelos

 

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DO PROXECTO:


PARA O ALUMNADO:


PARA O PROFESORADO

 

Accede aquí a nosa aula virtual.