Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Que activista es ti?

Que activista es ti?

Neste mes de febreiro o alumnado de ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS segue traballando no proxecto. Estas semanas os mozos e mozas están afondando no activismo no que escolleron traballar a través dun percorrido pedagóxico na nosa aula virtual. Uns obradoiros pensandos para ser traballados durante dúas sesións de 50 minutos cada unha que o profesorado pode elixir como distribuír: poden ser unha mestura de presencial e traballo na casa, dúas sesións seguidas..

Os catro itinerarios teñen unha estrutura en común malia a que a temática que abordan non sexa a mesma:Un vídeo introductorio onde se presenta o activismo a traballar, unha secuencia de actividades a desenvolver e unha parte práctica, cunha ferramenta para guiar a redacción do traballo.

Estes son os catro percorridos temáticos:

MEDIO AMBIENTE:

Este obradoiro busca impulsar a reflexión sobre o impacto que os nosos hábitos de consumo teñen sobre o medio ambiente a nivel global, para rematar analizando como a nosa forma de vida nos países enriquecidos ten consecuencias no mundo enteiro.

FEMINISMO:

Este obradoiro traballa a desigualdade entre homes e mulleres dende unha perspectiva mediática. Así, estruturamos este obradoiro en torno a 4 eixos que representan as violencias simbólicas máis comúns nos contidos mediáticos: invisibilidade, cousificación, feminidade e amor romántico, comezando cunha breve aproximación aos roles de xénero.

LGTBIQ+FOBIA:

Este obradoiro pretende que as persoas mozas destinatarias do proxecto poidan aclarar os principais conceptos que xiran en torno a este tipo de discriminación, á vez que se especifican diferentes rumores e prexuízos existentes con respecto ao colectivo e se proporciona información para que as mozas e os mozos sexan quen de detectar os bulos cos que poidan atoparse nos medios de comunicación.

ANTIRRACISMO:

 Esta opción ten o obxectivo de promover unha actitude crítica cara aos discursos de odio, principalmente contra colectivos migrantes e/ou racializados a través da análise de discursos discriminatorios e de bulos ou fake news.

 

Últimas novas