Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Que significa ser unha persoa activista?

parada 1

Que significa ser unha persoa activista?

Que significa ser unha persoa activista? Como son as persoas activistas? Que os caracteriza?  Estas son só algunhas das preguntas que os  mozos e as mozas que este ano participan no proxecto se fixeron na primeira das sesións de ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS. Unha introdución ao que será a pedra angular do proxecto.

Da man dos nosos educadores, Eloi e Andrea os e as activistas achegáronse a conceptos como a corresponsabilidade ou a desigualdade social, facendo un análise profundo de por que se producen esas desigualdades, que implica para moitas persoas tanto na Galicia coma noutras partes do mundo, e cal é o papel que xogan as persoas activistas na súa mitigación e na procura dunha maior equidade social. O primeiro paso xa está dado...agora imos a pola segunda parada: comunicación transformadora!

parada 1 pizarra 

 

Últimas novas