Se xa sabes que queres participar co teu centro no proxecto este ano, aquí che deixamos unhas indicacións para que che séa máis doado inscribirte.
Recorda que a inscripción non asegura a participación. A equipa do proxecto realizará unha selección entre todos os centros que se presenten en base a uns criterios previamente fixados na ficha técnica do proxecto.
Moi ben, por onde empezo?
• A PLATAFORMA
Activistas polo Mundo que Queremos forma parte do Plan Proxecta+, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, polo que debes inscribir ao teu centro educativo nesta plataforma antes do 10 de outubro do 2025. Recorda que para facelo debes identificarte previamente ( na parte superior dereita da pantalla). Encontraredes máis información sobre o noso proxecto nesta ligazón.
• PROFESORADO
A propia convocatoria do Plan Proxecta+ esixe que participen a lo menos dous profesores/as (un deles có rol de persoa coordinadora). Se agora queredes inscribirvos dous/dúas profes, pero despois se anima alguén mais, tedes ata xaneiro de 2026 para incluílo na aplicación e que se vos recoñeza o certificado de innovación educativa.
Valoraráse moi positivamente que se inscriba profesorado que imparte aulas co alumando que participa no proxecto.
• FORMACIÓN PREVIA PARA PROFESORADO E ACOMPAÑAMENTO
Previo ao comezo de Activistas polo Mundo que queremos terá lugar unha formación sobre o proxecto para profesorado a través do Cafi, polo que se certificarán as horas . O obxectivo desta formación é coñecer o proxecto, a aula moodle do mesmo e aterrar todas aquelas cuestións que necesitedes como profesorado para poder desenvolvelo. Esta formación, ao ser realizada a través da Consellería xa ten data, será o sábado 8 de novembro en Santiago de Compostela. É preciso que a lo menos asistan dúas persoas do centro vinculados co proxecto. Tamén haberá outro encontro intermedio para profesorado ( polo mes de marzo) onde poderedes compartir como vai o proxecto nos vosos centros e escoitar boas ideas do resto dos profesores e profesoras participantes.
• ITINERARIO
O itinerario formativo para o alumnado consiste en oito sesións, 4 presencias e 4 virtuais que terán lugar de mediados de novembro a maio. Haberá un acompañamento continuo pola nosa parte durante todo o proxecto.
Que significa ser activista? Primeiro obradoiro presencial na aula (100 minutos) para dar a coñecer o proxecto e achegarnos ao contido a traballar: que significa a palabra activismo e as características das persoas activistas. Novembro-decembro 2025.
Elixe o teu activismo: Medio ambiental, Feminismo, LGTBI, Antirracista. O alumnado escolle que activismo desexa facer entre catro liñas propostas. Sesión a través da aula virtual. Decembro 2025
Comunicación transformadora. Segunda parada do proxecto presencial (100 minutos). Analizaremos os medios de comunicación e as redes sociais dende unha perspectiva crítica. Coñeceremos a radio que será a ferramenta proposta polo proxecto para realizar o noso activismo. Xaneiro 2026.
Realizamos os nosos guións radiofónicos. Creamos os nosos guións radiofónicos sobre o activismo elixido. Traballo en aula do alumnado guiado polo profesorado co apoio da plataforma moodle. Xaneiro - febreiro 2026
Obradoiro de radio. Creamos os nosos programas de radio activista. Presencial na aula (100 minutos). Febreiro-marzo 2026
Coñecendo a Visita do sur: A través da aula virtual aproximámonos a labor de activistas que traballan en diversas esferas noutras partes do mundo. Marzo 2026.
Encontros con activistas do Sur. As persoas activistas do sur visitan as nosas aulas. Presencial na aula (100 minutos). Abril 2026
Escoitamos os nosos programas de radio e avaluamos o proxecto. Maio-xuño 2026
• DÚBIDAS?
Para calquera dúbida ou cuestión podedes contactar con nós:
Eloi Fernández Ramos (Coordinador do proxecto)
650 541 426/ sensibilizacion@solidaridadgalicia.org
Vémonos na loita activistas!!!