Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Quero que o meu centro forme parte de ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS, como fago?

Quero que o meu centro forme parte de ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS, como fago?

Se xa sabes que queres participar no proxecto este ano , aquí che deixamos unhas indicacións para que che séa máis doado inscribirte.

Recorda que a inscripción non asegura a participación.  A equipa do proxecto realizará unha selección entre todos os centros que se presenten en base a uns criterios previamente fixados na ficha técnica do proxecto.

Moi ben, por onde empezo?

•             A PLATAFORMA

Activistas polo Mundo que Queremos forma parte do Plan Proxecta+, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, polo que debes inscribir ao teu centro educativo nesta plataforma antes do 27 de setembro do 2024. Recorda que para facelo debes identificarte previamente ( na parte superior dereita da pantalla).

 

•             PROFESORADO

A propia convocatoria do Plan Proxecta+ esixe que participen a lo menos dous profesores/as (un deles có rol de persoa coordinadora). Se agora queredes inscribirvos dous/dúas profes, pero despois se anima alguén mais, tedes ata  xaneiro de 2025 para incluílo na aplicación e se recoñeza o certificado de innovación educativa.

O ideal é que se inscriba profesorado que imparte aulas co alumando que participa no proxecto.

 

•             FORMACIÓN PREVIA

Previo ao comezo de Activistas polo Mundo que queremos terá lugar unha formación sobre o proxecto para profesorado a través do Cafi, polo que se certificarán as horas . O obxectivo desta formación é coñecer o proxecto, a aula moodle do mesmo e aterrar todas aquelas cuestións que necesitedes como profesorado para poder desenvolvelo. Esta formación, ao ser realizada a través da Consellería xa ten data, será o sábado 19 de outubro en Santiago de Compostela. É preciso que a lo menos asistan dúas persoas do centro vinculados co proxecto.

 

•             ITINERARIO

O itinerario formativo para o alumnado consistirá en oito sesións, 4 presencias e 4  virtuais que terán lugar de mediados de novembro a maio. Haberá un acompañamento continuo pola nosa parte durante todo o proxecto.

  1. Que significa ser activista? Primeiro obradoiro presencial na aula (100 minutos) para dar a coñecer o  proxecto e achegarnos ao contido a traballar: que significa a palabra activismo e as características das persoas activistas.  Novembro 2024.
  2. Elixe o teu activismo: Medio ambiental, Feminismo, LGTBI, Antirracista. Sesión a través da aula virtual.  Decembro 2024
  3. Comunicación transformadora. Analizaremos os medios de comunicación e as redes sociais dende unha perspectiva crítica. Segunda parada do proxecto presencial (100 minutos). Xaneiro 2025.
  4. Realizamos os nosos guións radiofónicos. Creamos os nosos guións radiofónicos sobre o activismo elixido. Traballo en aula do alumnado guiado polo profesorado co apoio da plataforma moodle. Xaneiro - febreiro 2025
  5. Obradoiro de radio. Creamos os nosos programas de radio activista. Presencial na aula (100 minutos). Febreiro-marzo 2025
  6. Coñecendo a Visita do sur: A través da aula virtual  aproximámonos a labor de activistas que traballan en diversas esferas noutras partes do mundo. Marzo 2025.
  7. Encontros con activistas do Sur. As persoas activistas do sur visitan as nosas aulas. Presencial na aula (100 minutos). Abril 2025
  8. Escoitamos os nosos programas de radio e avaluamos o proxecto. Maio-xuño 2025

Encontraredes máis información sobre o noso proxecto nesta ligazón

 

•             DÚBIDAS

Para calquera dúbida ou cuestión podedes contactar con nós por telefono: 626913681 ( María Caride) ou no correo electrónico: sensibilizacion@solidaridadgalicia.org

 

Últimas novas