Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Radio de combate

No noso obradoiro de radio de combate os mozos e mozas participantes elaborarán as súas propias mensaxes para incidir na súa realidade, pasando de ser consumidores pasivos dos medios de comunicación a produtores dos seus propios discursos, tomando de este xeito unha actitude mais crítica ante os contidos que nos chegan dende a prensa, a radio, a tv, a publicidade ou as redes sociais.

O obradoiro de radio persegue que o alumnado participante coñeza e use as técnicas comunicativas para investigar, reflexionar e expresarse. O obxectivo das sesións é que tódolos alumnos e alumnas poñan en marcha un pequeno espazo radiofónico para mudar unha realidade que non lles gusta.

Obradoiro radiofónico…

 

Estes obradoiros serán impartidos por AGARESO, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social

radio de combate