Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Radio e cine escolar para construír un mundo mellor dende Cuntis

Radio e cine escolar para construír un mundo mellor dende Cuntis

CPI Aurelio Marcelino Rey García

Que podemos facer cada un de nós para construír un mundo mais igualitario, mais participativo, mais xusto? Que papel teñen os medios de comunicación nesta conquista? Mañá mércores 4 de marzo de 8:40h a 12:15h os mozos e mozas do CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis,  tentarán dar resposta  a algunha destas preguntas, adicando parte da mañá a realizar un programa de radio na aula e varias curtometraxes para concienciar sobre distintas temáticas sociais, como a protección do medio ambiente a loita contra a desigualdade ou a promoción dos Dereitos humanos.

Nun obradoiro anterior os alumnos e alumnas aprenderon a usar a radio e o audiovisual como ferramentas de transformación social,  e durante estas últimas semanas estiveron recompilando información para construír o seu propio discurso sobre estas cuestións.

Esta actividade forma parte do  proxecto de Educación en Valores  “O Mundo que Queremos” que durante este curso está a achegar a cinco institutos galegos  as problemáticas que afectan aos países empobrecidos pero tamén ao seu propio entorno, a través de dinámicas innovadoras e participativas como xogos de rol, obradoiros de radio e vídeo, teatro da oprimida ou a visita ás súas escolas de persoas que traballan en outros países fomentando a transformación dos mesmos. Alumnado de Cuntis

Cooperación Galega: O Mundo Que Queremos (OMQQ) é unha iniciativa que naceu no ano 2013 impulsada por cinco entidades distintas para fomentar una xuventude máis critica, responsable e participativa.  É un proxecto financiado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, que forma parte da plataforma de innovación educativa ‘Plan Proxecta’, impulsada pola Consellería de Educación,  Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia.

Últimas novas