Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

A radio e a fotografía inunda os centros educativos

A radio e a fotografía inunda os centros educativos

IES Fonmiñá CPI Cabo da Area IES David Buján IES Isidro Parga Pondal IES Pintor Colmeneiro IES Valadares

Os seis centros educativos de O Mundo que Queremos 2016 comezan este 2017 cos obradoiros de comunicación, centrados no uso de ferramentas como a radio e a fotografía para a sensibilización sobre problemáticas sociais.

Este ano os centros educativos decidiron centrar a súa proposta comunicativa en temáticas tan relevantes como o medio ambiente, a equidade de xénero, a desigualdade social ou a promoción da paz.

Para elo, Óscar Vázquez, monitor dos obradoiros de fotografía, e Rocío Cadahía, monitora dos obradoiros de radio, ambos integrantes da Asociación Galega de Reporteir@s Solidari@s, traballarán co alumnado diferentes formatos para que a través destas ferramentas de comunicación sexan capaces de reflexión sobre as temáticas escollidas, construír o seu propio discurso ao redor delas e elaborar un material que poida ser difundido para sensibilizar ao resto da comunidade educativa. Todo un reto no que teremos o acompañamento do profesorado, pero que dependerá en gran medida da nosa capacidade de motivar ao alumnado.

Así que o día 12 estaremos no IES Fonmiñá de A Pastoriza, o 13 no IES Valadares de Vigo, o 16 e 17 no IES David Buján de Cambre, o 19 no IES Cabo da Area en Laxe e o día 20 no IES Isidro Parga Pondal de Carballo e o 25 no IES Pintor Colmeneiro de Silleda.

Esta será a primeira sesión deste obradoiro no que o alumnado aprenderá a utilidade das ferramentas de comunicación, afondarán sobre as temáticas e idearán o seus traballos prácticos. Na segunda sesión, no mes de febreiro, será cando lle dean forma a todo ese esforzo. E nós volo contaremos puntualmente.  

Últimas novas