Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Radio escolar para promocionar a Ria da Estrela

Radio escolar para promocionar a Ria da Estrela

15 de febrero. Santiago.  Onte os mozos e mozas de cuarto da ESO do IES Campo de San Alberto de Noia, dedicaron parte da mañá a realizar un programa de radio na aula para loitar contra a pobreza. A promoción da Ría da Estrela,  o furtivismo, a contaminación o ou consumismo na música trap, foron as mensaxes creadas polos rapaces e rapazas que mais se repetiron durante o programa radial que forma parte do proxecto de educación en valores O Mundo que Queremos.

Nun obradoiro anterior impartido fai varias semanas, aprenderon a usar a radio  e o vídeo como ferramentas de transformación social e durante estes últimos días estiveron recompilando información para construír os seus propios discursos.

Esta actividade na que participan mais de noventa alumnos e alumnas de Noia, forma parte do  proxecto de Educación en Valores  “O Mundo que Queremos” que durante este curso está a achegar a oito centros educativos galegos  as problemáticas que afectan aos países empobrecidos pero tamén ao seu propio entorno, a través de dinámicas innovadoras e participativas como xogos de rol, obradoiros de radio e vídeo, teatro da oprimida ou a visita ás súas escolas de persoas que traballan en outros países fomentando a transformación dos mesmos.

Cooperación Galega: O Mundo Que Queremos (OMQQ) é unha iniciativa que naceu no ano 2013 impulsada por cinco entidades distintas para fomentar una xuventude máis critica, responsable e participativa.  É un proxecto financiado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, que forma parte da plataforma de innovación educativa ‘Plan Proxecta’, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

ESCOITA AQUÍ FRAGMENTOS DO PROGRAMA

Últimas novas