Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Teatro da Oprimida

O Teatro da  Oprimida é unha metodoloxía e unha práctica teatral que pretende analizar as realidades opresivas e as relacións de poder a través de medios estéticos e o diálogo entre os e as oprimidas, para combatelas. O método e a formulación teórica deste teatro con sentido pedagóxico e de transformación social foron desenvoltos polo dramaturgo, actor, director e pedagogo teatral Augusto Boal e o seu equipo nos anos 60-70.  

NON BULA-LO BULO

Non bula-lo bulo é unha peza de teatro Xornal, un dos estilos do Teatro da Oprimida, que propón desvelar como as estruturas de poder utilizan os diferentes medios de comunicación para controlar e manipular a opinión pública. Cando esta manipulación se faise sobre colectivos con vulnerabilidades e tradicionalmente oprimidas (como as persoas migrantes e mulleres) xéranse accións de discursos de odio que impactan violentamente na vida das persoas que o viven .

Con esta peza, que nace dun proceso de investigación e experimentación, preténdese desvelar como se provocan discursos de odio (sobre todo cara persoas migrantes e por cuestións de xénero) a través de bulos, para provocar un cuestionamento social que revista estas situacións de agresións a través do poder.

Estará representada polo grupo teatral 100Tolas

 

Teatro da oprimida

teatro