Mañá xoves 6 de febreiro de 8:40h a 10:20h os mozos e mozas da ESO do IES Melide, dedicarán parte da mañá a realizar un programa de radio na aula e varias curtometraxes, creadas por eles e elas mesmas, para concienciar Sobre a necesidade de protexer o medio ambiente.
Nun obradoiro anterior aprenderon a usar a radio e o audiovisual como ferramentas de transformación social e durante estas últimas semanas estiveron recompilando información para construír o seu propio discurso contra o consumismo e en favor da natureza. Realizarán reportaxes sobre a Mina de Touro (na que entrevistarán a unha das súas activistas) o desastre no Mar Menor, os incendios en Australia ou de donde ven a roupa que mercamos, entre outras.
Esta actividade na que participa o alumnado de secundaria do centro, forma parte do proxecto de Educación en Valores “O Mundo que Queremos” que durante este curso está a achegar a cinco institutos galegos as problemáticas que afectan aos países empobrecidos pero tamén ao seu propio entorno, a través de dinámicas innovadoras e participativas como xogos de rol, obradoiros de radio e vídeo, teatro da oprimida ou a visita ás súas escolas de persoas que traballan en outros países fomentando a transformación dos mesmos.
Cooperación Galega: O Mundo Que Queremos (OMQQ) é unha iniciativa que naceu no ano 2013 impulsada por cinco entidades distintas para fomentar una xuventude máis critica, responsable e participativa. É un proxecto financiado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, que forma parte da plataforma de innovación educativa ‘Plan Proxecta’, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Convidámosvos a acudir mañá 6 de febreiro entre as 8:40 e as 10:20 para presenciar a realización do programa de radio e a gravación das curtometraxes nas aulas do IES de Melide.
Para máis información:
Rocío Cadahía (responsable comunicación): 605 31 60 39
María Caride (coordinadora do proxecto): 981 243 506 / 626 913 681
Correo electrónico: comunicacion@agareso.org
Páxina web: http://omundoquequeremos.org/