Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Unha andaina pola igualdade en Baralla da comezo aos actos finais de O Mundo que queremos

Andaina

Unha andaina pola igualdade en Baralla da comezo aos actos finais de O Mundo que queremos

CPI Luis Diaz Moreno

Todo o alumnado do CEIP Luís Díaz Moreno de Baralla participou esta mañá nunha Andaina pola igualdade que saíu do centro educativo as 11h e que os levou  ao local sociocultural do Concello.

Alí  deron a coñecer o traballo en prol da igualdade de xénero que levan realizando durante todo o curso escolar no marco do proxecto de educación para a cidadanía global Cooperación Galega: O mundo que queremos.

Os asistentes  puideron ver unha exposición de bonecas de plastilina que representan a distintas mulleres,  leron diferentes manifestos creados polas mozas e mozos de secundaria en contra do machismo  e escoitaron o programa de radio feminista feito polo alumnado.

Este encontro foi a última parada de O Mundo que Queremos, un proxecto no que o centro educativo de Baralla participou durante todo o curso con diversas visitas que lles axudaron a afondar en torno a desigualdade que sofren as mulleres en todo o mundo.  Con ferramentas como os xogos de rol, a radio, o teatro ou a visita de dous activistas LGTBI do Salvador,  os mozos e mozas reflexionaron sobre o machismo e construíron as súas propias mensaxes para combatelo.

O mundo que queremos, forma parte do Plan Proxecta da Xunta de Galicia, e nesta sexta edición levouse a cabo grazas a unión de cinco ong´s: Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Reporteir@s Solidari@s (Agareso), Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e o colectivo 100Tolas, que traballan conxuntamente para fomentar una xuventude máis critica, responsable e participativa.

Luís Díaz Moreno

Aquí podedes escoitar e descargar o programa de RADIO ESCOLAR FEMINISTA feito pola rapazada de secundaria de Baralla

 programa final baralla omqq.mp3

Últimas novas