Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

A viaxe de Cobi

PORTADA A VIAXE DE COBI

A viaxe de Cobi

A cuarta parada de esta viaxe cara O Mundo que queremos sempre ven da man do colectivo de Teatro da Oprimida 100 Tolas. Neste caso a pandemia que vivimos obrigounos a todos e todas a ficar na casa, pero non por iso vamos a quedar sen un pouquiño da interpretación e moito da reflexión que nos da o Teatro. Así que "As centolas"  puxéronse mans a obra e co apoio técnico de AGARESO decidiron crear un audiovisual, que servise como recurso pedagóxico para que o alumnado de O Mundo que queremos, se fixera algunhas preguntas sobre esta etapa que estamos a vivir.

O resultado é a Viaxe de Cobi, unha curtametraxe protagonizada por un virus que non sabe que é tal, e que percorre varias zonas de Galicia encontrándose con situacións estrañas. Meténdose nas residencias de persoas maiores, nos hospitais, e ata nas nosas propias casas.

Unha vez vista a curtometraxe é o momento de respostar a algunhas preguntas e pasar a acción!!!  Aquí vos deixamos dúas fichas para sacarlle o máximo partido A Viaxe de Cobi.

IDEAS PARA SEGUIR REFLEXIONANDO E CREANDO XUNTXS

E xa sabedes, se queredes comentar, crear ou aportar o que sexa, podedes enviarnos as vosas propostas a sensibilizacion@solidaridadgalicia.org

 

 

 

 

 

 

 

 

Últimas novas