A última sesión do proxecto "Activistas polo mundo queremos" foi a de contrapublicidade. Pero que é a contrapublicidade?
A contrapublicidade é unha estratexia que pretende denunciar o consumismo, a falta de preocupación pola natureza, o traballo escravo, os estereotipos machistas, homófobos ou racistas que se ven nalgúns anuncios, etc.
Consiste en modificar os anuncios publicitarios co obxectivo de difundir outras ideas máis reivindicativas, normalmente opostas ás orixinais.
Así que as nosas e os nosos activistas puxéronse mans á obra para deseñar e crear carteis contrapublicitarios coas marcas que “peor” lles caen.
Estas son as súas propostas. A que son xeniais?