Ir o contido principal
  • Teléfono: 981 24 35 06
  • Email: info@omundoquequeremos.org

Xa temos as reportaxes gañadoras do Concurso X Aniversario ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS

GAÑADORES

Xa temos as reportaxes gañadoras do Concurso X Aniversario ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS

Si, activistas xa temos as reportaxes gañadoras do concurso que o proxecto puxo en marcha como un dos actos de celebración dos nosos 10 anos de vida!!

Un xurado composto por membros das tres entidades consorciadas no proxecto; Solidariedade Internacional de Galicia, Asemblea de Cooperación Pola Paz e AGARESO valoraron cuestións como:  a investigación sobre a temática proposta, a reflexión realizada, a calidade narrativa do guión de radio, a inclusión de entrevistas, enquisas, ou outras fontes de información que aporten valor á reportaxe,  a denuncia dunha problemática social ou medioambiental concreta, a participación equitativa das participantes, o uso da linguaxe inclusiva e non discriminatoria, e por suposto a calidade locutiva da reportaxe, a música escollida e a creatividade.

 

E despois de moito barullar…estas son as reportaxes gañadoras! Parabéns!!!

 

  • IES AS BIZOCAS: 3ºESO B. GRUPO 3. ACTIVISMO MEDIOAMBIENTAL
  • IES LUIS SEOANE: 4º ESO. GRUPO 1: ACTIVISMO MEDIOAMBIENTAL
  • IES VALADARES: 4º ESO A. GRUPO 2. ACTIVISMO FEMINISTA
  • CPI ALCALDE XOSÉ MANUEL PICHEL: 2ºESO A. GRUPO 2. ACTIVISMO ANTIRRACISTA
  • IES MONTECELO: 1º AGRO, 2º PEITEADO. ACTIVISMO ANTIRRACISTA

 

IES AS BIZOCAS: 3ºESO B.GRUPO 3. ACTIVISMO MEDIOAMBIENTAL

Nesta reportaxe Nerea, Marcos, Nicolás e Mariña de 3ºB do IES As Bizocas de O Grove, fálannos sobre o medio ambiente, máis concretamente sobre a "fast food" e a súas repercusións na natureza e na saúde. Critican a actitude dunha referente como a cantante Aitana na promoción da comida rápida, ofrecen o resultado dunha enquisa que realizaron sobre o consumo de comida rápida no seu instituto e entrevistan a dous compañeiros concienciados co medio ambiente: Xavi e Alba.

 

 

IES LUÍS SEOANE: 4º ESO GRUPO 1: ACTIVISMO MEDIOAMBIENTAL

Nesta reportaxe Unai entrevista a Arón Rodriguez, experto en cambio climático e consumismo. Ademais de escoitar as repostas do entrevistado, no programa ábrese unha liña de chamadas para que varias “oíntes” como Candela ou Milene realicen preguntas ao “experto”.

 

 

IES VALADARES: 4ºESO A. GRUPO2. ACTIVISMO FEMINISTA

Nesta reportaxe  Lena, María, Mara, Alba e Greta de 4ºA do IES Valadares cuestionan a utilización do corpo da muller que fan algunhas marcas como Dolce e Gabbana ou  Alfa Romeo, e tamén reflexionan sobre os videoclips dalgúns cantantes como Maluma e a cousificación feminina.

 

 

CPI ALCALDE XOSÉ MANUEL PICHEL: 2º ESO A. GRUPO 2. ACTIVISMO ANTIRRACISTA

Carlos, Noa, Carla e Lara de 2º ESO A fálannos dos tipos de racismo que existen e póñennos varios exemplos de racismo no mundo.  Céntranse especialmente no racismo cara as persoas de etnia xitana e tamén no racismo que se pode atopar a día de hoxe nalgúns videoxogos.

 

 

IES MONTECELO: 1º AGRO, 2º PEITEADO. ACTIVISMO ANTIRRACISTA

Ezequiel e Tchamba fálannos do racismo en primeira persoa nesta reportaxe,  e ademais realizan unha entrevista a famosa instagramer Afropoderosa que reflexiona sobre a súa experiencia en España como muller negra de orixe africana.

 

 

Os grupos gañadores de tódolos centros educativos participarán o vindeiro 1 de xuño nun acto de convivencia en Santiago de Compostela. Parabéns activistas!

Últimas novas