Arranca este luns Activistas polo Mundo que queremos, un proxecto educativo que busca xerar conciencia crítica na xuventude.
Santiago, 20 de novembro de 2025 . Este luns 24 de novembro dará comezo unha nova edición do proxecto educativo“Activistas polo Mundo que Queremos” que busca xerar activismos xuvenís nos eidos do feminismo, o medio ambiente, o antirracismo e a loita LGTBIQ+ en centros educativos galegos.
Nos seus 13 anos de historia o proxecto chegou xa a 80 centros educativos, 334 profesores e profesoras e 5.392 alumnos e alumnas, a os que se suman catro centros nesta nova edición.
Mañá arranca o proxecto no IES Eduardo Pondal de Ponteceso o mércores será a quenda do IES do Milladoiro en Ames e nos vindeiros días incorporarase tamén, o IES A Paralaia de Moaña e o IES Ramón Caamaño de Muxía que terá a súa sesión o día 2 de decembro.
Nesta primeira toma de contacto, os máis de trescentos estudantes que participan este ano achegaranse a o concepto de “activismo”, en torno ao que xira o proxecto, cun itinerario composto por oito obradoiros denominados “paradas”, que se desenvolverán ao longo de todo o curso escolar. O obxectivo final consiste en formar unha cidadanía activa e crítica, que identifique e combata as ameazas arredor da convivencia.
O percorrido didáctico que realizará o alumnado mestura a formación presencial coa online e establece as seguintes paradas:
Activistas polo mundo queremos forma parte da plataforma de innovación educativa ‘Plan Proxecta’, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e faise posible grazas a unión de tres ONGDs, Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) co financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia.
Aquí vos deixamos as datas desta primeira sesión: Que significa ser unha persoa activista?
Luns, 24 de novembro: IES Eduardo Pondal ( Ponteceso)
Martes, 25 de novembro: IES Eduardo Pondal ( Ponteceso)
Mércores, 26 de novembro: IES do Milladoiro ( Ames)
Xoves, 27 de novembro: IES do Milladoiro ( Ames)
Martes, 2 de decembro: IES Ramón Caamaño ( Muxia)
*IES A Paralaia de Moaña: Pendente de confirmar datas
Pe de foto: Alumnado do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras na pasada edición de Activistas polo mundo que queremos
Para máis información:
Eloi Fernández Ramos (coordinador do proxecto)
981 24 35 06/ 650 541 426/ sensibilizacion@solidaridadgalicia.org
Rocío Cadahía (responsable comunicación)
605 31 60 39/omqq@agareso.org
Páxina web: http://omundoquequeremos.org/